Reyes, Míriam

Míriam Reyes naceu en Ourense en 1974 e viviu durante varios anos en Venezuela, onde estudou Letras na Universidad Central. Traballou nese país como profesora de castelán e literatura até o ano 1996. Reside en España dende o ano 2000. A súa obra poética está recollida en diferentes antoloxías e nos poemarios Espejo Negro (2003, DVD ediciones), Bella Durmiente (2004, Hiperión) e Desalojos (2008, Hiperión). Con Bella Durmiente foi finalista do XIX Premio de poesía Hiperión.

Defínese como «ciberpoeta performativa» e na súa web podemos ver mostras do seu traballo, no que conxuga poesía, vídeo e performance e tamén un blog no que publica poemas en castelán en en galego.

Deixa unha resposta