Rodríguez Rodríguez, Alfonso (Minus Bálido)

Minus Bálido (Alfonso Rodríguez Rodríguez) naceu en Ourense en 1973. Deseñador gráfico de profesión, Minus Bálido é o nome dun poeta e artista multidisciplinar (músico, fotógrafo ou debuxante, entre outros) que artella a maioría do seu traballo na intersección da escena de fanzines e revistas underground coas novas tecnoloxías de difunsión da arte. De entre aqueles, destacan Huevo, Marea Negra, 300 ou Zapatiños Motor.

O blog que abarca a maioría da súa produción (xunto coa da súa compañeira, Adri) é Expoplanetarium, e tamén colabora en Poesía Salvaje (Valencia), Incomunidade (Portugal) ou A porta verde do sétimo andar.

Subir ao faido (2004) ou Oremos (2007) son dúas das súas principais obras de poesía.

Deixa unha resposta