Rodríguez Ruiz, Jaime Alejandro

Jaime Alejandro Rodríguez Ruíz é Enxeñeiro Químico pola Universidade Nacional de Colombia, Especialista en Enxeñaría Nuclear, Magíster en Literatura e Doutor en Filoloxía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia de Madrid.

Pioneiro en Colombia da literatura dixital, produciu os hipermedia literarios Gabriella infinita e Golpe de gracia. Como ensaísta académico ten publicado numerosos artigos sobre cuestións relacionadas coa narrativa dixital, a cibercultura e a educación virtual.

Actualmente dirixe o Centro de educación asistida por novas tecnoloxías na Pontificia Universidad Javeriana de Bogotá (Colombia) e ofrece dúas cátedras virtuais, unha sobre narrativa e outra sobre cibercultura.

Foi I Premio Internacional UCM/Microsoft: Literaturas en Español del Texto al Hipermedia por Golpe de gracia: hipermedia narrativo (Madrid: 2007) e Premio Bienal 2011 ao investigador javeriano na área das ciencias sociais e humanas por “¿Cibercultura o morir?: La narrativa en los tiempos de la cibercultura” [México: revista Versión, Número 22, outono 2009: Escrituras Nómadas, (Universidad Autónoma metropolitana)] e “Sueños digitales de un escritor: la convergencia digital al servicio del ejercicio literario” [Bogotá: revista Signo y Pensamiento Vol. 28, No. 54 (xan.- xun. 2009), p. 131-143 (Universidad javeriana)]

Entre 2008 e 2010 desenvolveu o proxecto Narratopedia de estudo, deseño, desenvolvemento, posta on-line e seguemento dunha plataforma virtual para a narración dixital colectiva.

Interesado na narrativa dixital, nos temas da cibercultura e na educación virtual, actualmente dirixe o Centro de educación asistida por nuevas tecnologías na Pontificia Universidad Javeriana de Bogotá (Colombia) e ofrece un par de cátedras virtuais, unha de narrativa e outra sobre cibercultura.

[hipermedia narrativo]