Romano, Gustavo

Gustavo Romano naceu en Arxentina. Na actualidade vive e traballa en Madrid. Englobado na xeración de artistas neoconceptuais arxentinos da década de 1990, emprega as novas tecnoloxías e obxectos de uso cotián aos que afasta dos seus usos habituais. Creador multidisciplinar e multimedia, desenvolve os seus traballos a través da arte de acción, a net art, o vídeo, a instalación e a fotografía.

É director de Psychoeconomy! MicroWorld Network (1995), unha plataforma artística de debate sobre temas globais en formato de evento e publicación. Dende 2008 é o curador responsable de NETescopio, o arquivo de arte dixital do MEIAC de Badajoz. Entre 2004 e 2008 dirixiu o Medialab do Centro Cultural de España en Buenos Aires. En 1995 fundou o sitio web Fin del Mundo, o primeiro espazo virtual dedicado á net art en Latinoamérica. Destacamos IP Poetry (2006), proxecto de performances electrónicas baseado na xeración de poesía a partir da busca en tempo real de material textual na web.

En 1999 foi elixido Videoartista do ano pola Asociación Argentina de Críticos de Arte e en 2006 concedéuselle a Bolsa Guggenheim.

[net art] [vídeocreación] [fotografía] [instalación]

Deixa unha resposta