Ruiz i Pallach, Daniel

Daniel Ruiz i Pallach naceu en Tarragona en 1970. Estudou Deseño Industrial e Deseño Gráfico na Escola Llotja de Barcelona e cursou o Máster en Artes Digitales na Universitat Pompeu Fabra.Traballa como deseñador gráfico. O seu traballo é moi interactivo e experimenta novas formas de expresión mediante as novas tecnoloxías. Os seus traballos pódense consultar na súa web, no que destacan obras de poesía visual feita en flash.

É membro do colectivo artístico Caixa Grillada Technology Grou, formou parte do proxecto X Aniversario de la Fundación Juan Tabique e colabora co portal de poesía dixital Epímone.