Tisselli, Eugenio

Eugenio Tisselli é artista dixital, poeta e programador informático.

Nacido en México e afincado en Barcelona, a súa área de investigación eéo deseño de interfaces físicas e a creación de softwares multimedia. Neste sentido ten traballado deseñando aplicacións para outros artistas dixitais como Antoni Abad ou Marcel·lí Antúnez.

Canda José Lozano fundou o grupo interdisciplinar Vaina Sytems, no que desenvolve dispositivos que permiten a conexión de sensores ao ordenador, e cos que teñen creado instalacións interactivas como Digital Undivide ou Flower Power.

Nas súas obras individuais destaca MIDIPoet, un software que permite a manipulación en tempo real de textos de de imaxes na pantalla do ordenador, e co que realizou proxectos como Construir con Palabras ou Media Trash. Tamén lle permitiu facer experimentos de poesía dixital, textual e non textual.

Participou nos encontros e-Poetry (París 2007, Barcelona 2009, Buffalo 2011) e en diferentes eventos internacionais relacionados con literatura electrónica e arte dixital. Imparte conferencias e talleres de creación dixital por todo o mundo.