Torres, Rui

Rui Torres (Porto, 1973) é licenciado en Ciencias da Comunicación na Universidade Fernando Pessoa (UPF)do Porto, M.A. e Ph.D. en Literatura luso-brasileira (UNC-Chapel Hill, E.U.A.) e fixo o pos-doutoramento como bolseiro da FCT (COS – PUC/SP, Brasil).

Na actualidade é profesor asociado na UPF, onde imparte seminarios en comunicación, semiótica, literatura e hipermedia, os seus cruzamentos e metodoloxías. Ten artigos publicados sobre literatura, comunicación e cibertextualidades. Forma parte dos consellos editoriais de varias publicacións e dirixe a revista Cibertextualidades.

Foi coordenador do CETIC-Centro de Estudos sobre Texto Informático e Ciberliteratura (UFP) entre 2003 e 2007, Investigador Principal do Grupo de Estudos de Cultura, Média, Linguagem e Hipermédia, da Unidade I&D CECLICO (UFP) entre 2007 e 2009, coordenado actualmente o Núcleo de Cultura, Literatura e Hipermédia do CECLICO. Participou en proxectos como Investigador Responsável, membro e/ou consultor. É membro do NuPH-Núcleo de Pesquisas em Hipermídia (PUC/SP-Brasil).

Como creador experimenta coa poesía dixital, combinatoria, interactiva e/ou electrónica, a escrita dixital e o hipermedia.