Valdeolmillos, Pedro

Pedro Valdeolmillos (Barcelona, 1970) é poeta, deseñador e programador informático. Foi fundador do estudo de comunicación Meltemi e no 2007 fundou Bloosee, unha start-up que desenvolve aplicacións web e móbiles para navegantes e outros apaixonados do mar.

É un dos creadores de Epímone, unha web dedicada á ciberpoesía, que se converteu nun referente internacional na exploración de novas linguaxes e escrituras. Alí ten publicadas varias obras, algunhas en solitario como Tantdereves e Caosflor, e outras canda o outro creador da web, Lluís Calvo (Isopoema, Insects).

Deixa unha resposta