Valencia, Leonardo

Leonardo Valencia naceu en Guaiaquil (Ecuador) en 1969. Descendente de italianos por liña materna, e de ecuatorianos por liña paterna. Traballou como redactor publicitario en Lima, oficio que abandona para dedicarse á literatura. Instálase en España en 1998, onde cursou o doutoramento en teoría da literatura da Universidade Autónoma de Barcelona.

O seu libro de contos progresivo La luna nómada (1995, 1998, 2004) foi incluido en varias antoloxías españolas e latinoamericanas. Con El desterrado (2000) dáse a coñecer como un novelista que aborda os conflitos do desarraigamento y a fabulación. Actualmente dirixe o Programa de Escritura Creativa da Universidade Autónoma de Barcelona. El libro flotante de Caytran Dölphin (2006) é a súa segunda novela, na que desenvolve un proxecto de escritura e reescritura xenética realizado en colaboración co artista dixital Eugenio Tisselli.

[Narrativa dixital]