YOCTOBIT, Teatro jugable

YOCTOBIT, Teatro jugable é un colectivo formado en persoas con diferentes perfís artísticos e técnicos -deseñadores de xogo, artistas plásticos, músicos, coreógrafos, bailaríns, programadores-, para o desenvolvemento de proxectos escénicos vinculados a procesos de xogo e cultura contemporánea. Os seus dous proxectos máis relevantes son Homeward Journeys (HJ) e Mata la Reina (MLR).

Na actualidade o grupo está formado por:

  • Lara Sánchez Coterón, investigadora independiente no ámbito de converxencia dos procesos de cultura contemporánea relacionados cos (video)xogos e as diferentes prácticas artísticas (escénicas, plásticas, etc.).
  • Adrián Cuervo, artista audiovisual e investigador especializado en audiovisuales e novas tecnoloxías.
  • Nacho Pintos, Enxeñeiro Técnico en Informaática, Máster en Programación Avanzada de Videoxogos, Game Designer e desenvolvedor independente de videoxogos.
  • Amaya Jiménez, Máster en Artes Escénicas pola U.R.J.C (2009). De formación multidisciplinar, simultaneou os seus estudos de interpretación coa súa formación en danza flamenca, danza clásica e danza contemporánea. No 2003 crea a súa propia compañía “Kantinelas Teatro”, na que escribe e dirixe montaxes independentes. Paralelamente imparte clases de movemento escénico e corporal na Escola de Artes Escénicas La Lavandería.
  • Felipe Hickmann, compositor e intérprete que investiga sobre as network performances, interesado sobre todo na dramaturxia e a creación de son en tempo real, e con experiencia traballando en bandas sonoras para cine e videoxogos.
Máis información na súa web.
[teatro interactivo]

Deixa unha resposta