Alonso, Andoni

Andoni Alonso (Vitoria, 1966) é licenciado en Filosofía pola Universidad de Navarra, e doutorado cum laude pola Universidad del País Vasco (1995) coa tese Wittgenstein y el arte moderno. Na actualidade é profesor da Universidad de Extremadura (UEx). A súa obra La quinta columna digital: anti-tratado comunal de hiperpolítica recibiu o V Premio de Ensaio Eusebi Colomer, que concede a Fundación Epson.

Entre as súas publicacións destacan La nueva ciudad de Dios (2002) e Carta al Homo Ciberneticus (2003), as dúas obras escritas con Iñaki Arzoz. Como articulista ten escrito sobre filosofía, cibercultura, arquitectura e arte nas revistas Aymon, Arbor, Philosophy and Technology (editada pola Stanford University) e Transversal, entre moitas outras. Tamén foi correspondente da revista BITNIKS e columnista da súa edición electrónica.

Forma parte con Iñaki Arzoz do heterónimo crítico Cibergolem, co que manteñen o sitio La quinta columna digital, e tamén do colectivo artivista e pola democracia participativa Artamugarriak.

Fonte: MediaLab Prado

Deixa unha resposta