Borràs Castanyer, Laura

Laura Borràs (Barcelona, 1970) é profesora de Teoría da Literatura na Universitat de Barcelona. Actualmente é a Directora Académica do Máster en Literatura en la Era Digital da Universidad de Barcelona / Grup 62

Publicou numerosos libros, artigos e traballos que versan sobre temas como a loucura medieval, a música, o cinema, o teatro e a literatura, incluíndo dun xeito destacado a reflexión sobre escritura e lectura na era dixital e o estudo das novas textualidades electrónicas.

Dende o ano 2000 dirixe o grupo de investigación internacional Hermeneia (Estudos literarios e tecnoloxías dixitais), pioneiro en España e Europa, que acolle un grupo de 20 profesores de distintas universidades españolas, europeas e americanas.

É directora académcia de OFELIA (Organización Filológica de Estudios Literarios y Artísticos).

Foi presidenta do e-poetry 2009 que tivo lugar en Barcelona en maio dese ano, o festival-congreso internacional de poesía electrónica de maior prestixio. É membro do Literary Advisory Board da Electronic Literature Organization (ELO) e editora do Vol.II da antoloxía Electronic Literature Collection, xunto con Rita Rayley, Talan Memmott e Brian Kim Stefans.

Fonte: Hermeneia

Publicacións: