Brea, José Luis

José Luis Brea naceu  1957 e finou en setembro do 2010. Era profesor titular de Estética e Teoría da Arte Contemporánea da Universidad Carlos III de Madrid.

Foi director das revistas Estudios Visuales e ::salonKritik::. Crítico de arte independente, colaborou con diversas revistas nacionais e internacionais. Foi director da colección Estudios Visuales da editorial AKA.

Entre os seus últimos libros destacan Las 3 eras de la imagen. Imagen-materia, film, e-image, ed. AKAL, Madrid, 2010; cultura_RAM. mutaciones de la cultura en la era de su distribución electrónica, PREMIO DE ENSAYO EUSEBI COLOMER DE LA FUNDACIÓN EPSON, Gedisa, Barcelona, 2007. Noli me legere. El enfoque retórico y el primado de la alegoría en el arte contemporáneo, CENDEAC, Murcia, 2007. Estudios Visuales. La epistemología de la visualidad en la era de la globalización, (ed.) AKAL, Madrid, 2005. El tercer umbral. Estatuto de las prácticas artísticas en la era del capitalismo cultural. Premio Espais á Crítica de Arte. CENDEAC, Murcia, 2003. SEGUNDA EDICION. La era postmedia. Acción comunicativa, prácticas (post)artísticas y dispositivos neomediales. Editorial Centro de Arte de Salamanca, Salamanca, 2002.

Entre as súas exposicións destacan: Economías identitarias en la era del capitalismo informacional, Sala Verónicas, Murcia, 2004. La Conquista de la Ubicuidad, Centro Parraga (Murcia), CAAM (Canarias), KM (SanSebastian), 2003-4. <no+tv>, exposición online organizada para o festival de Navarra, Pamplona, 2000. Last (no) exit: net, exposición online organizada para Vid@rte (México) e Ciber@rt, Valencia, 1999.

Foi miembro da Comisión de arte da Fundación Telefónica e da Comisión de Humanidades da FECYT, para a que coordinou o Libro Blanco da intersección Arte, Ciencia e Tecnoloxía en España. Foi corresponsal para España das revistas ARTFORUM e Flash ART, e editor rexional de RHIZOME. Dirixiu o I Congreso Internacional de Estudios Visuales celebrado en Madrid durante ARCO’04 e o Encuentro Internacional de Estudios Visuales celebrado baixo o título de Geopolíticas de la imagen en las sociedades del conocimiento en ARCO 2006. Foi Decano da Facultade de Belas Artes de Cuenca, director da web de arte aleph e das revistas arts.zin e Acción Paralela. Dirixiu o servizo de Exposicións do Ministerio de Cultura entre 1985 e 1988 . En 1992 foi asesor de artes plásticas do Pavillón de España na Expo’92 e dirixiu as Salas do Arenal.

Ademais dos mencionados, publicado outros libros e organizou outras exposicións.

Fonte: www.joseluisbrea.net

 

Deixa unha resposta