Calles, Jara

Jara Calles naceu en Zamora en 1984. É licenciada en Filoloxía Hispánica (Universidad de Salamanca) e en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (Universidad de Granada). Máster en E/ELE pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo e o Instituto Cervantes (2006-2008). Desde 2009 desenvolve o seu labor investigador no Departamento de Filosofía, Lóxica e Estética da Universidad de Salamanca, Área de Estética e Teoría das Artes. A súa investigación aborda a incidencia da ciencia e das novas tecnoloxías na realización das poéticas actuais.

Ata 2010 foi codirectora do espazo de crítica literaria e cultura Afterpost. No seu proxecto de fin de máster traballou sobre a aplicación das novas tecnoloxías na aula de EKE baixo o paradigma estético do Novo Humanismo.

Algunhas das súas publicacións son as seguintes:

    “Necesidades-en plural- ante una Literatura de Las Nuevas Tecnologías”, Redacciones. Valladolid: Caslon, 2011 (Obra colectiva, capítulo de libro) (pp.49-71)

    “Interferencias entre Reservoir dogs de Quentin Tarantino y la novela Cut and Roll de Óscar Gual. La disolución como operación creativa y medio de representación de la representación fílmica” en Javier Sánchez Zapatero y Àlex Martin Escribà (eds.), Genero negro para el siglo XXI. Nuevas tendencias y nuevas voces. Barcelona: Laerte, 2011 (pp.32-55)

    “Del ensayo de ocasión a la manufactura. Crónica lateral del ensayo español en el siglo XXI”, Bocadesapo, 7 Agosto-Diciember, 2010 (pp. 30-35)

Outras publicacións teñen aparecido en revistas como De/rotar, Espéculo, Boca de Sapo, Cuaderno Crítico, Azafea, Art.es, Mamajuana ou Castilla.

Pink Frost é o seu blog.