Campàs Montaner, Joan

Joan Campàs Montaner naceu en Balaguer (Lleida) en 1950.

Doutor en Historia Contemporánea e licenciado en Filosofía e Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona. É profesor de arte contemporánea, arte dixital e escrituras hipertextuais na área de Arte e Humanidades da UOC. Coordina o grupo de investigación Groupware.CAT (Ciencia, Arte e Tecnoloxía) do IN3, centrado no estudo das formas emerxentes da cibercultura: interactividade, net.art, identidade dixital, imaxinario cyborg, telepresenza, museos dixitais, arte fractal, etc.

É o responsábel do proxecto de e-learning PanFilHum, que investiga os procesos de construción do coñecemento por estudantes en entornos virtuais. En 2003, o Consell Social de la Universitat de les Illes Balears concedeulle o V premio de ensaio e creación sobre Tecnoloxías da Información Nadal Batle i Nicolau por ““L’art en pantalla. La creació digital a Internet”. Dirixiu dúas teses de doutoramento sobre escenografía dixital e poesía dixital.

Textos: 
The Frontiers between Digital Literature and Net.art” (2004), na revista Dichtung Digital; Anàlisi de la webliterarietat de l’hipertext en línia Zeit für die Bombe de Susanne Berkenheger (xullo 2006), na Revue des Littératures de l’Union Européenne;L’hipertext (2005); L’art en pantalla (2006); Els hackers (2007); El Net.art y las metanarrativas emergentes: ciberfeminismo, ficción hipertextual y activismo en red (2008), e un DVD cunha cincuentena de análises de obras de arte en formato multimedia.

Tamén é coordinador do portal dedicado aos estudos de cibercultura hipertextual Aura Digital.