Carrión, Jorge

Jorge Carrión (Tarragona, 1976) é novelista, ensaísta e crítico literario. É doutor en Humanidades pola Universidade Pompeu Fabra, onde dá clases de literatura contemporánea e de escrita creativa. Tamén impartiu cursos de lingua e literatura españolas no Colegio Español de Guatemala, Aula Escola Europea e a Universidade de Chicago, e viviu en Bos Aires e en Rosario. Foi membro do consello de redacción da revista Lateral entre 2002 e 2005 e do consello de dirección da revista Quimera entre 2006 e 2009. Colabora como crítico cultural en diversas publicacións españolas e hispanoamericanas como ABCD, Cultura/s, Prodavinci, Perfil, Letras Libres, Quimera, Revista de Occidente, Otra parte, etc). Tense incluído en diversas antoloxías, como Idea Crónica. Literatura de no ficción iberoamericana (Beatriz Viterbo, Argentina, 2006), Mutantes. Narrativa española de última generación (Berenice, España, 2007), Crossing Barcelona (Munich, Alemania, 2007) ou Quince golpes en la cabeza (Cajachina, Cuba, 2008).

Entre a súa obra publicada está a novela Los muertos (Mondadori, 2010); os ensaios Teleshakespeare (Errata Naturae, 2011), e Viaje contra espacio. Juan Goytisolo y W.G. Sebald (Iberoamericana, 2009); os libros de viaxe Australia. Un viaje (Berenice, 2008), La piel de La Boca (Libros del Zorzal, 2008), GR-83 (Autoedición, 2007) e La brújula (Berenice, 2006); así como a novela corta Ene (Laia Libros, 2001). Además, prologou e editou os volumes Madrid/Barcelona. Literatura y ciudad (1995-2010) (Iberoamericana, 2009), El lugar de Piglia. Crítica sin ficción (Candaya, 2008) e Amor global (Laia Libros, 2003). As súas crónicas sobre América Latina foron recopiladas en Norte es Sur (Debate Venezuela, 2009).

Mantén un blog dende o que escribe diversos artigos sobre teoría e crítica literaria. Tamén é especialista en series de televisión e en literatura de viaxes, e a súa literatura caracterízase por explerar os límites da remediación e da metaficción, usando distintos elementos collidos doutros soportes, tamén do electrónico. Por exemplo, o seu libro Crónica de viajes (Edición de Autor, 2009.) recolle un relato feito con pantallas de Google a partir de supostas buscas ficticias neste buscador. E na súa novela Los Muertos introduce códigos procedentes do cine e da ficción televisiva.

Información e foto extraídas da súa web.

Deixa unha resposta