Castells, Manuel

Manuel Castells naceu en Hellín (Albacete) en 1942.

É profesor de Socioloxía e director do Internet Interdisciplinary Institute da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), en Barcelona. Entre 2004 e 2010 ocupou o posto de profesor visitante distinguido no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (2004-2009), na Universidade de Oxford (2007-2010) e na Universidade de Santa Clara (2008-2010). Dende 2009 é investigador visitante permanente do Instituto Stellenbosch para Estudos Avanzados, en Suráfrica.

É autor de 23 libros, incluída a triloxía La era de la información: economía, sociedad y cultura, ou a obra The Internet Galaxy: Reflections on the Internet, Business and Society (2001).