Díez, Juan José

Juan José Díez (Sevilla, 1948) é doutor en Filosofía, catedrático de instituto e profesor da UNED. Don Juan en la frontera del espíritu é a súa primeira incursión na literatura, unha novela histórica que trata de reconstruír o máis fielmente posible a peripecia e o drama que sufriu don Juan Valera durante a súa embaixada en Washington.

Actualmente dedícase á narrativa dixital, publicando en internet unha versión multimedia e navegable da novela mencionada. Tamén na rede aparece a súa contribución ao III Congreso da Cibersociedade, que trata sobre as posibilidades das novelas conectadas á web, o formato webnovela.

É director da web do Portal de Literatura Electrónica, integrado na Biblioteca Virtual Cervantes. 

[webnovela]

Deixa unha resposta