Orihuela, José Luis

José Luis Orihuela defínese como profesor universitario, conferenciante e bloguer, naceu en Córdoba (Arxentina) en 1960 e estableceuse en Pamplona en 1987. Dende aquela dedícase a investigar e a ensinar a cerca do impacto das innovacións tecnolóxicas nos medios e nos modos de comunicación.

É un convencido evanxelizador das novas tecnoloxías: impartiu conferencias e cursos en 24 países e alterna a súa docencia en Pamplona coas súas clases como profesor convidado no Máster en Creación e Comunicación Dixital (Universidade da Coruña) e no Executive MBA en Empresas de Moda (ISEM, Madrid). Ademais é profesor visitante de varias universidades latinoamericanas, como Austral (Arxentina), Piura (Perú), Mayor (Chile), Hemisferios e UTPL (Ecuador), Montevideo (Uruguai), e Iberoamericana e Tecnológico de Monterrey (México).

En Arxentina foi xefe dos servizos informativos e crítico de cine de ‘Radio Nacional Córdoba’, editor e presentador do otelexornal do ‘Canal 11 de TV por Cable’, e profesor no Colegio Universitario de Periodismo. En España traballou para aa Agencia Espacial Europea (ESA) e para a Asociación Europea de Usuarios de Satélites para a Educación (EUROSTEP). Tamén foi consultor de Innovation International Media Consulting Group.

Miembro fundador das asociacións de usuarios EUROSTEP, do satélite Olympus, e ATEI, do satélite Hispasat. Membro de honra de FELAFACS en representación da Facultade de Comunicación de Navarra e membro do Comité Científico do Congreso Cultura Europea. Integra os consellos editoriais de Comunicación y Sociedad e de Perspectivas del Mundo de la Comunicación e é vogal do consejo Asesor de Telecomunicaciones de Navarra en representación da Universidad de Navarra.

Recibiu o Premio Europa (1990) polas xornadas El Nuevo Mapa Informativo Europeo e o premio extraordinario de doutoramento (1993). Foi declarado Huésped de Honor de Cartagena de Indias e recibe as chaves da cidade en outubro do 2002. Foi xurado internacional dos premios Deutsche Welle International Weblog Awards (2004/7) e foi finalista nos premios anuaies da Asociación de Usuarios de Internet (AUI) no 2005, na categoría Periodista español que durante el año, haya aportado más a la difusión sobre Internet. Presidente do xurado dos Premios Navarra Gourmet a los Mejores Blogs Gastronómicos (2009).

É autor de ‘La revolución de los blogs’, La Esfera de los Libros, Madrid, 2006 e coautor de ‘Blogs. La conversación en Internet que está revolucionando medios, empresas y ciudadanos’, Editorial ESIC, Madrid, 2005; ‘El futuro de la televisión en España’, Arthur Andersen-Facultade de Comunicación da Universidad de Navarra, Madrid, 2000; ‘Introducción al Diseño Digital‘, Anaya Multimedia, Madrid, 1999; ‘Quién cuenta la historia’, Eunate, Pamplona, 1999 e ‘Estrategias de marketing de las empresas de televisión en España’, EUNSA, Pamplona, 1997. É coeditor de ‘La responsabilidad pública del periodista’, EUNSA, Pamplona, 1988.

Pódense seguir os seus pasos en internet por eCuaderno, onde comparte a diario Pistas, noticias y enlaces sobre los medios y la red

Deixa unha resposta