Giannetti, Claudia

Claudia Giannetti (Belo Horizonte, Brasil) é teórica e investigadora en árte contemporánea, especialidade media art, e comisaria de exposicións. Directora do Canariasmediafest – Festival de Artes y Culturas Digitales de Gran Canaria e directora e profesora do Master en Artes e Tecnoloxías da Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnologias de Lisboa.

Foi comisaria en máis dun cento de actividades nacionais e internacionais, entre exposicións, congresos, simposios e eventos en museos e institucións como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, Centre de Cultura Contemporánia de Barcelona, Festival de Vídeo de Navarra de Pamplona, Center for Art and Media Karlsruhe de Alemania, Festival de Vídeo y Artes Electrónicas de México DF; Centro Multimedia del Centro Nacional de las Artes de México DF; CaixaForum, Mediateca de Barcelona; Medi@terra Art & Technology Festival de Atenas; Expanded Box en ARCO’2008 de Madrid e Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo de Badajoz.

Publicou os libros Media Culture (1995), Arte en la Era Electrónica – Perspectivas de una Nueva Estética (1997), Ars Telematica – Telecomunicación, Internet y Ciberespacio (1998), Arte Facto & Ciencia (1999). Proyecto y dirección editorial y artística del CD-ROM ArteVisión – Una historia del arte electrónico en España (2000), Estética Digital – Sintopía del arte, la ciencia y la tecnología (Nueva York, 2002, Viena 2004, Karlsruhe, 2005, Belo Horizonte/Brasil, 2006), La razón caprichosa en el siglo XXI – Los avatares de la sociedad posindustrial y mediática (2006).

Ten impartido clases, seminarios e más dun cento de conferencias en universidades, museos e congresos de varios países de Europa e América Latina, así como nos EE.UU., Canadá, India e China. Foi consultora experta de importantes instituciones internacionais, tales como: The Swiss Federal Information Society Strategy (Gobierno de Suiza); DigitArts de UNESCO (París); ou The International New Media Arts Symposium (Beijing, China), etc.

Desenvolveu e dirixiu diversos proxectos online, entre outros: Media art internacional, Digi-arts/UNESCO y MECAD; Playing Field Project – Streaming Media Online, Netherlands Media Art Institut Montevideo, Amsterdam, e MECAD; Vídeo online, e-mediateca de CaixaForum; Ästhetik des Digitalen/Aesthetics of the Digital, Medienkunstnetz, ZKM Center for Art and Media Karlsruhe;Net_España – Un panorama del media art en España, MECAD, Ministerio de Cultura, MEIAC (2006).

Deixa unha resposta