Goicoechea de Jorge, María

María Goicoechea de JorgeMaría Goicoechea de Jorga (Santander, 1971) estoudou Filoloxía Inglesa na Universidad Complutense de Madrid, e tamén cursou estudos na Universidade de East Anglia (Reino Unido) e na Universidade de Maryland Baltimore County (USA), onde obtivo un mestrado en Comunicación Intercultural. En 2004 doutorouse coa tese “The Reader in Cyberspace: A Literary Ethnography of Cyberculture”, e nos últimos anos a súa actividade investigadore centrouse na cibercultura e en paricular no estudo da lectura literaria.

Na actualidade é profesora no Departamento de Filoloxía Inglesa II na UCM e pertence aos grupos de investigación LEETHI (UCM, coordinado por Amelia Sanz Cabrerizo) e Hermeneia (Universitat de Barcelona, dirixido por Laura Borràs Castanyer. Entre outras moitas publicacións que se poden consultar no seu currículo está o número da revista Texto Digital da Universidade Federal de Santa Catarina (Florianópolis), de recente aparición, do que foi coordinadora, e que está dedicado á literatura dixital, con especial atención á producida en lingua inglesa.

Deixa unha resposta