Gómez Trueba, Teresa

Teresa Gómez Trueba (Santander, 1968) é doutora en Filoloxía Hispánica e profesora de Literatura Española na Universidad de Valladolid dende 1994.

É especialista na obra de Juan Ramón Jiménez, sobre a que publicou numerosos traballos. Outra das súas liñas de investigación é o uso do soño como motivo temático e estraterixa narrativa na literatura española, e sobre ela escribiu varios artigos, así como o libro El sueño literario en España (Madrid, Cátedra, 1999).

Nos últimos anos ven traballando na última narrativa española, atendendo a fenómenos recentes como a autoficción, o hibridismo xenérico, o microrrelato ou a literatura electrónica, asuntos sobre os que ten escrito tamén numerosos artigos en revistas de ámbito español e internacional, como Ínsula, Quimera, Bulletin hispanique, Hispanic Review ou Bulletin of Spanish Studies. Editou o volume Mundos mínimos: o microrrelato na literatura española contemporánea (Xixón, Cátedra Miguel Delives-Libros del Pexe, 2007). E recentemente coordinou, en relación con estas cuestións, o número monográfico da revista Ínsula: Novelas híbridas, 754 (outubro 2009).

Actualmente participa nos proyectos de investigación subvencionados “Espacios reales y espacios imaginarios en la narrativa castellano leonesa reciente (1980-2010)” (financiado pola Junta de Castilla y León) e “Reconstrucción de los libros de poesía inédita de Juan Ramón Jiménez (que quedaron inéditos a la muerte del poeta) a partir de los documentos de sus archivos” (Ministerio de Educación e Ciencia, Plan Nacional de I+D)

Deixa unha resposta