González, Helena

Helena González Fernández (Vigo, 1967) é profesora titular de literatura galega e investigadora do Centre Dona i Literatura na Universidade de Barcelona. As súas liñas de investigación céntranse na crítica literaria feminista, a cultura popular, a literatura galega contemporánea e mais as relacións culturais entre Galicia e Cataluña, así como na relación entre novos formatos de escrita coma os blogs e a identidade feminina.

Forma parte do consello editorial de Lectora. Revista de Dones i Textualitat. Colabora como crítica literaria na revista Grial. Entre os seus traballos recentes cómpre salientar Máxima audiencia. Cultura popular y género (con Isabel Clúa; Icaria, 2011), Género y nación. La construcción de un espacio literario (Icaria, 2009), a edición da correspondencia de Ramón Piñeiro i Basilio Losada, Do sentimento á conciencia de Galicia (con M. Xesús Lama; Galaxia, 2009), Palabras extremas: escritoras gallegas e irlandesas de hoy (con Manuela Palacios; Netbiblo, 2008), a edición do inédito Más allá del tiempo de María Mariño (Alvarellos, 2007), Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (Xerais, 2005), así como artigos nos volumes colectivos Mujer, creación y exilio (Icaria, 2009), Escrituras de la sexualidad (Icaria, 2008), Políticas del deseo (Icaria, 2007) e Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf (Sotelo Blanco, 2003).

Na bibliografía do Proxecto Le.es temos recollidas as seguintes referencias:

  • González Fernández, Helena (2008). “Simulaciones del yo. Autobiografías y blogs en las escritoras gallegas”. Actas IX Jornadas Nacionales de Historia de las Mujeres y IV Congreso Iberoamericano de Estudios de Género. Eds. María Antonia Carbonero Gamundi et al. Universidad de Rosario, 2008. CD-ROM ISBN: 978-950-673-678-1 (pdf).
  • González Fernández, Helena & Isabel Clúa (Eds.) (2008)Máxima audiencia. Cultura popular y género. . Barcelona: Icaria, col. Mujeres y Culturas. ARTIGOS: […] Helena González, “La híbrida teorizada. El blog literario como laboratorio de identidades”, pp. 85-103.
  • González Fernández, Helena (2012) “Demolició, hibridació” en In/dependents: dones i projectes nacionals. Eds. Montserrat Palau& Agnès Todà. València: Tres i Quatre, 2012. 203-221.