Grupo Alea de Análise Poética

Grupo constituído no mes de xaneiro de 2009 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e formado por un grupo de dez investigadores e investigadoras: Arturo Casas (coordinador), Iris Cochón, Lorena Domínguez Mallo, Margarita García Candeira, María López Sández, Isaac Lourido, Chus Nogueira, Montse Pena, María do Cebreiro Rábade e Iria Sobrino.

O GAAP “fíxase como obxectivo fundamental a dinamización da investigación sobre materia poética e sobre os propios procedementos de análise metodolóxica e de selección e concreción heurística cando se fala de poesía”, segundo se explicita no seu blog. Orientado á análise da produción poética galega dos séculos XX e XXI desde unha concepción non textualista, o proxecto inclúe o estudo de repertorios, prácticas, medios, públicos, axencialidade, identidades, institucionalización, canon, imaxes, formas, disposición e performatividade.

A comezos do 2011 pon en marcha a web Poesía Galega, en colaboración co Consello da Cultura Galega.

Deixa unha resposta