Gubern, Román

Román Gubern Garriga-Nogués naceu en Barcelona en 1934. É catedrático de Comunicación Audiovisual da Facultad de Ciencias de la Comunicación na Universidad Autónoma de Barcelona. De entre outros moitos méritos, foi decano desa facultade, presidente da Asociación Española de Historiadores del Cine e director do Instituto Cervantes en Roma. Na actualidade é membro da Association Française pour la Recherche sur l’Histoire du Cinema, da Academia de Bellas Artes de San Fernando e da New York Academie of Sciences entre outras. Traballou como investigador no Massachusetts Institute of Technology e coma profesor de Historia do Cine na University of Southern California.

Os seus principais intereses son, ademais da historia do cine, a reflexión sobre as linguaxes da imaxe, o cambio tecnolóxico e as adaptacións de individuo e cultura a este novo escenario. Algunhas das súas obras principais son: Historia del cine (1969), El lenguaje de los cómics (1972), Mensajes icónicos en la cultura de masas (1974), El simio informatizado (1987), La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas (1989), Del bisonte a la realidad virtual (1996) o El eros electrónico (2000).

Deixa unha resposta