Molinuevo, José Luis

José Luis Molinuevo é catedrático de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Salamanca. É dotor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Fixo estancias de investigación e ampliación de estudos nas Universidades de Bonn e Heidelberg. Foi Vicerreitor na Universidade de Salamanca. Na Fundación José Ortega y Gasset foi director do centro e mais da “Revista de Estudios Orteguianos” e membro do Consello de Redacción de “Revista de Occidente”.

Na actualidade é director da colección Metamorfosis de Estética y Teoría de las Artes na Universidade de Salamanca. O seu labor docente céntrase no campo da Estética, especialmente na relación entre texto e imaxe, nas materias “Estética de las creaciones literarias” (foi crítico literario) e “Estética de las nuevas tecnologías”.

O seu labor investigador actual ten por obxecto as transformacións da Estética na época contemporánea, especialmente na estética das novas tecnoloxías. Respecto ao primeiro ten publicado diversos traballos sobre a tecnoilustración e o tecnorromanticismo. E enfoca a segunda dende a perspectiva dun humanismo tecnolóxico latino na crise da modernidade.

Sobre estética e modernidade publicou La experiencia estética moderna (1998). Sobre la crise da modernidade, Estéticas del naufragio y de la resistencia (2001) e La estética de lo originario en Jünger (1994). Abordou a dimensión política da arte en El espacio político del arte (1998). A posibilidade dun humanismo tecnolóxico desde unha perspectiva latina arranca de Ortega, en Para leer a Ortega (2002) e queda plasmada no seu libro Humanismo y nuevas tecnologías, aparecido en Alianza Editorial en 2004, e en La vida en tiempo real. La crisis de las utopías digitales. Biblioteca Nueva, Madrid, 2006.

Máis referencias sobre a súa obra no seu blog, Pensamiento en imágenes.

Deixa unha resposta