Mora, Vicente Luis

Vicente Luis Mora (Córdoba, 1970) é escritor, teórico e crítico literario. É Doutor en Literatura Española Contemporánea e Premio Extraordinario de Doctorado pola súa tese. Foi director do Instituto Cervantes de Albuquerque entre 2007 e o 2010, ano dende o que pasa a dirixir o centro do mesmo instituto en Marrakech.

Como poeta ten recibido varios premios, como o Arcipreste de Hita no ano 2000 ou o da Universidade de Sevilla no 2003. Ten publicado 6 poemarios: Texto refundido de la ley del sueño (1999), Mester de Cibervía (2000), Nova (2003), Autobiografía (novela de terror) (2003), Construcción (2005) e Tiempo (2009).

Algúns dos texto de Construción preséntase en formato electónico na web do autor, despregando unha configuración hipertextual e con elementos sonoros.

Como narrador publicou en 2007 o libro de relatos Subterráneos e a “novela en marcha” Circular 07. No 2010 publica Alba Cromm, unha novela futurista que ofrece “unha visión realista e moi escura das tecnoloxías da comunicación, tanto dixitais como analóxicas”.

Publicou tamen os ensaios Singularidades. Ética y poética de la literatura española actual (Bartleby, 2006), Pangea. Internet, blogs y comunicación en un mundo nuevo (Fundación José Manuel Lara, 2006), La luz nueva. Singularidades de la narrativa española actual (Berenice, 2007) e Pasadizos. Espacios simbólicos entre arte y literatura (Páginas de Espuma, 2008). Ten pendente a publicación do seu novo ensaio El lectoespectador, para o que propuxo un xogo cos lectores do seu blog e do seu Facebook para que elixiran a portada entre dúas opcións posibles.

Mantén unha intensa actividade nas redes sociais e como blogueiro no seu Diario de Lecturas, que lle valeu o Premio Revista de Letras ao Mellor Blog Nacional de Crítica Literaria no 2010.

Deixa unha resposta