Pajares Tosca, Susana

Susana Pajares Tosca doutorouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid en 2002, e foi profesora na Universidade de Oxford Brookes. Na actualidade é profesora titular na IT University de Copenhague, onde tamén dirixe o programa de Comunicación e Deseño Dixitais.

As súas áreas de especialización son a narración e a ficción en diversos formatos dixitais. Conta con numerosas publicacións e conferencias sobre hipertexto, xogos de ordenador e cibercultura. Membra do comité científico de DAC, ACM Hypertext, DIGRA e da Electronic Literature Organization, é editora de JODI e Hipertulia, ademais de fundadora e editora de Gamestudies, a primeira revista científica dedicada aos videoxogos. Os seus artigos foron recoñecidos con premios e mencións como o Ted Nelson Award ou o GDC Best Academic Paper. Destacan os seus libros Literatura Digital, Paradigma Hipertextual (UEX, 2003) e Understanding Videogames (Routledge 2008).