Rodríguez de las Heras, Antonio

Antonio Rodríguez de las Heras é catedrático da Universidade Carlos III de Madrid, onde tamén é director do Instituto de Cultura y Tecnología. Foi Decano da facultade de Humanidades, Comunicación e Documentación desa Universidade. Director do Laboratorio do Centro EducaRed de Formación Avanzada. Membro do consello de dirección da Revista TELOS. Cuadernos de Comunicación, Tecnología y Sociedad. Director do Máster en Dirección da Empresa Audiovisual, MeDEA, IX edición, organizado pola Carlos III e Antena 3 Televisión. Subdirector do Máster en Gestión y Producción en e-Learning (Universidad Carlos III, Fundación Telefónica e Fundación Encuentro). Director do grupo de traballo de EducaRed (Fundación Telefónica) sobre formación do profesorado en tecnoloxía educativa. Professeur associé na Sorbona e París VIII. Premio FUNDESCO de Ensaio 1990 polo libro Navegar pola información.

Autor de varios libros electrónicos, entre eles Por la orilla del hipertexto e Los estilitas de la sociedad tecnológica. Os seus textos dispoñibles la rede están en E-Textos.

Deixa unha resposta