Sierra, Germán

Germán Sierra naceu na Coruña en 1960. Escritor, crítico literario e profesor de bioquímica e bioloxía molecular na Universidade de Santiago de Compostela.

Científico de formación e de profesión, a súa faceta literaria céntrase na narrativa e na investigación das relacións entre ciencia e literatura, e na experimentación de formas literarias a partir dos avances tecnolóxicos.

É considerado un dos membos da Xeración Nocilla, a partir das súas dúas últimas novelas, Alto Voltaje (2004) e Intente usar otras palabras (2009).

Ten colaborado en publicacións como Revista das Letras, Letras libres, Gernica, Hermano Cerdo ou Quimera, onde escribiu a columna Wireless.