Alfonso Rivera

Alfonso Rivera é Doutorando en Ciencias do Espectáculo pola Universidade Carlos III de Madrid. Realiza o seu Master in Movement Studies en la Central School of Speech and Drama, London, UK (2006- 2007) grazas a unha bolsa de excelencia. Licenciado en Interpretación Xestual pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (1999-2003). Realiza estudios de  European Theatre Arts en Rose Bruford College,London, UK (2001-2002). Fórmase en Italia n a Scuola Internazionale di Commedia dell´Arte di Venezia (2003). Cunha bolsa do Ministerio de Cultura completa os seus estudos de mimo cos últimos asistentes de Decroux na Ecole de Mime Corporel Dramatique de L´Ange Fou, London UK (2004-2005).

Traxectoria artística

Traballa como actor principal en numerosas producións de teatro físico, mostrando o seu traballo en distintos países como España, Inglaterra, Francia, Italia, Bélxica, Noruega, Polonia, Eslovaquia e Romanía. Traballa profesionalmente en Londres con compañías internacionais como Zecora Ura (Hotel Medea, Don´t feed the Lions) e cos últimos asistentes de Etienne Decroux, Theatre du L´Ange Fou (The Grimm Files).  En España realiza máis de 12 montaxes con El Gato Negro. Con esta última compañía monta Un Tal Pedro a partir do clásico Peer Gynt de Ibsen, espectáculo polo que recibe o prestixiosoPremio a los Jóvenes Creadores Comunidad de Madrid (2003), así como mencións honoríficas no Istrapolitana Festival de Bratislava (Eslovaquia) e o Peer Gynt Award (Noruega) pola súa interpretación como actor e polo carácter innovador dos seus espectáculos. O seu interese polo teatro físico levouno a realizar diversas expedicións teatrais na Europa do Leste (Polonia, República Checa, Romanía…) colaborando coa compañía polaca The Song of the Goat e co Grotowski Work Centrer de Wroclaw, Polonia.

É autor das obras dramáticas Nomeolvides Luna (2003) e O Milagre da Boneca (2008).

Labor docente

Impartiu cursos de Interpretación, Movemento e Commedia dell´Arte en distintas universidades e escolas europeas como a Central School of Speech and Drama (Londres), The Academy of the Science of Acting and Directing (Londres), Rose Bruford College (Londres), Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (España),  Facultad de Música de León (España), Babes-Bolyai  University, ClujNapoca (Rumania).

Na actualidade é profesor de Interpretación Xestual e Movemento da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (ESAD Galicia) e continúa de forma activa o seu labor profesional como actor e director, tanto en España como no Reino Unido.