Anxo Abuín González

Anxo Abuín é profesor de Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela.

Participou en diversos proxectos de investigación, o último deles sobre “Unha Historia comparada da Península Ibérica“, cuxos resultados se viron publicados en 2010 (John Benjamins, Amsterdam).

Premio Valle-Inclán de Investigación (2007) polo ensaio La palabra en los ojos o el alfabeto del movimiento: Valle-Inclán desde la estética del silencio (Cátedra Valle-Inclán, Santiago, en prensa).

Entre os seus libros están El narrador en el teatro. La mediación como procedimiento en el discurso teatral del siglo XX, Universidad de Santiago, Santiago de Compostela, 1997; Teoría del hipertexto, Madrid: Arco, 2006;  e Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la performance en la era electrónica, Tirant lo Blanch, Valencia, 2006.

Desde 2009 dirixe o proxecto de investigación Literatura electrónica en España. Inventario e estudo  (Proxecto le.es).