Darío Villanueva Prieto

Darío Villanueva naceu en Vilalba en 1950. A súa primeira infancia viviuna en Luarca, onde seu pai era xuíz. Posteriormente, trasladouse coa súa familia a Lugo e á Coruña. É licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidad Autónoma de Madrid. É Catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela, de cuxa Facultade de Filoloxía foi Decano entre 1987 e 1990. É doutor honoris causa por sete universidades de Arxentina, Estados Unidos, Perú, Reino Unido e Suecia.

En xuño de 1994 foi elixido Reitor da súa Universidade, e en maio de 1998 foi reelixido para un segundo mandato reitoral, que concluíun en xuño de 2002. Durante estes anos desempeñou, entre outros postos, unha das vicepresidencias da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) e a presidencia da Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN). Nesta etapa formou parte do Consello de Administración do PORTAL UNIVERSIA S.A. e creou UNIRISCO GALICIA S.C.R., primeira sociedade de capital risco concibida para financiar proxectos baseados na transferencia de coñecemento da Universidade á empresa. Igualmente, correspondeulle dirixir a conmemoración do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela, desenvolvida entre setembro de 1995 e setembro de 1996.

Na actualidade é membro do padroado e director do consello científico da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes e imparte docencia nas facultades de Filoloxía e de Ciencias da Comunicación da USC.

A proposta de Franciso Ayala, Luis Goytisolo e Guillermo Rojo foi elixido académicoo da RAE en xullo de 2007 para ocupar o sillón D. En xuño de 2008 ingresou cun discurso titulado El Quijote antes del cinema, ao que contestou Pere Gimferrer. En decembro de 2009 foi elixido Secretario da RAE. Así mesmo, desde xuño de 2002 é correspondente da Academia Argentina de Letras.

Darío Villanueva ten sido profesor visitante ou conferenciante en Universidades de Alemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Canadá, Cuba, China, Exipto, Estados Unidos, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, México, Portugal, Puerto rico, Reino Unido, República Dominicana, Rusia, Sudáfrica, Suecia, Suíza e Taiwán, e publicou, en español e en inglés, máis de dous centos de artigos de teoría, crítica e literatura comparada en revistas españolas e estranxeiras como a Hispanic Review, Poetics Today, Analecta Husserliana, The American Book Review, Semiosis (México), Revista Chilena de LiteraturaRévue de Littérature Comparée. Complementariamente, dende 1973 ten exercido a crítica literaria en revistas como Camp de l’Arpa de Barcelona, Nueva EstafetaLibros de Madrid, en Diario 16, no suplemento cultural de ABC de Madrid, e en EL CULTURAL, difundido actualmente con El Mundo. Tamén ten colaborado nos diarios mencionados, así como en El País e en La Razón.

Darío Villanueva é Presidente de honra da “Sociedad Española de Literatura General y Comparada” e presidiu tamén a “Asociación Española de Teoría de la Literatura”. É membro así mesmo da “Asociación Internacional de Hispanistas”, da “Sociedad Española de Semiótica”, da “Twentieth Century Spanish Association of America”, e da “Internayional Association of Comparative Literature”, a cuxa xunta executiva pertenceu durante a presidencia de Jean Bessière. Desempeña a dirección literaria da colección de Clásicos españoles da Fundación José Antonio de Castro.

En 1973 publicou o seu primeiro libro de crítica literaria “El Jarama” de Sánchez Ferlosio. Su estructura y significado, reeditado en Alemania por Reichenberger en 1994. Outra das súas obras, Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), escrita en colaboración con J.M. Viña Liste, está traducida ao árabe polo Consejo Superior de Cultura de Egipto (1998), e das súas Teorías del realismo literario (1992) existe tamén versión inglesa publicada en Nova York en 1997.

De 2007 data a segunda edición do seu ensaio La poética de la lectura en Quevedo. Entre os seus últimos libros atópanse Valle-Inclán, novelista del Modernismo (2005) e Da palabra no tempo. Estudos e ensaios de literatura (2007), escrito en lingua galega. Imágenes de la ciudad. Poesía y cine, de Whitman a Lorca (2008) recibiu o primeiro Premio internacional de Investigación humanística da Sociedad Menéndez Pelayo, e Las fábulas mentirosas. Lectura, realidad, ficción foi publicado en México ese mesmo ano.

Publicacións seleccionadas:

    Villanueva Prieto, Darío (2007). “Las Nuevas tecnologías de la información en la Universidad”. En José B. Terceiro (ed.), Jornadas sobre la Sociedad Digital El futuro actual : primeras Jornadas sobre la Sociedad Digital. A Coruña : Fundación Caixa Galicia, pp. 37-38.

    Villanueva Prieto, Darío (2004). “El futuro de las bibliotecas universitarias”, en Francisco Alia Miranda (compilador), Del Texto al Hipertexto: las Bibliotecas Universitarias ante el reto de la Digitalización, Universidad de Castilla-La Mancha, Cuenca, pp. 167-182.

    Villanueva Prieto, Darío (2007). A Cultura, da Galaxia Gutenberg á Galaxia Internet. Santiago: Consello da Cultura Galega.

    Villanueva Prieto, Darío (2008). Después de la Galaxia Gutenberg y de la galaxia McLuhan/After the Gutenberg Galaxy and the McLuhan galaxy. Filadelfia: Society of Spanish and Spanish-American Studies.

    Villanueva Prieto, Darío (2010). «La eficacia retórica del ‘Yes we can’». Claves de la razón práctica, nº 199. (pdf)

    Villanueva Prieto, Darío (2011). Lectura y nativos digitales. Conferencia lida na Real Sociedad Menéndez Pelayo o 14 de maio de 2011 con motivo da concesión do I Premio de Investigación Humanística desta sociedade. (pdf)