David Muíño Barreiro

David Antonio Muíño Barreiro é licenciado en Filoloxía Hispánica. Realizou os seus estudios de doutoramento na Universidade de Colorado en Boulder (E.E.U.U.) e na Universidade de Santiago de Compostela -Área de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada-. Actualmente, traballa na elaboración dunha tese de doutoramento centrada na análise da literatura arxentina de finais do século XIX. As súas investigacións baséanse no estudo de temas tales como a identidade e o xénero, a literatura electrónica, a representación da alteridade ou as relacións entre a cultura e o Estado, especialmente dentro do contexto latinoamericano.

Publicou diversos textos sobre temas como a ciberliteratura, o comparatismo postcolonial ou a obra de, entre outros, Fernando Vallejo, Domingo Faustino Sarmiento ou Luis G. Inclán. Está integrado dende 2009 no proxecto de investigación A Literatura Electrónica en España. Inventario e Catálogo, onde se ocupa da contextualización da literatura electrónica no marco xeral das formas culturais da postmodernidade.