Iria Castro López

Iria Castro López (Vigo, 1983) é licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados no programa de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC), co traballo de investigación “Narrativa y cibercultura: hipertexto, videojuego y net.art”. Foi bolseira do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, traballando como redactora no proxecto “Dicionario de termos literarios”, e é membra do proxecto financiado por la Xunta de Galicia Literatura electrónica en España. Inventario e estudo, Código INCITE09 204039 PR.

A súa liña fundamental de investigación céntrase nas relacións entre a literatura e as novas tecnoloxías. Neste sentido, participou en diversos seminarios e congresos, tanto nacionais como internacionais, con intervencións como “La ciudad inmaterial: una aproximación al concepto de “no lugar” en la cultura digital” (Université Paris 8 ) ou “Ciudades virtuales. A propósito de Alletsator y Secondlife” (USC). Entre as súas últimas publicacións atópase o artigo “Un exemplo de protohipertextualidade: Terminal de Xelís de Toro” (Boletín Galego de Literatura). Na actualidade prepara a súa tese de doutoramento no eido da poesía e as novas tecnoloxías, baixo a dirección da Profesora Titular de Universidade María Teresa Vilariño Picos.