María López Suárez

María López Suárez (Ferrol, 1977) é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2006 obtivo o Diploma de Estudos Avanzados no programa de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC). Actualmente traballa como bolseira de cooperación no Instituto da Lingua Galega (USC).

Vinculada aos proxectos “Hacia una teoría de la Historia comparada de las literaturas desde el dominio ibérico” e “A literatura electrónica en España: Inventario e estudo (Le.es)” (USC), o seu traballo de investigación céntrase principalmente no estudo da performatividade, a corporalidade e a construcción de identidades no ámbito das artes escénicas. Xunto con Andrea Álvarez Pino coedita Magmática, o blog dedicado á investigación en performance artística e cultural que se integra na web do proxecto Le.es.