Saúl Rivas

Saúl Rivas (Lugo, 1983) é estudante de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Realizou en 2009 un Traballo Academicamente Dirixido centrado nas relacións da literatura galega e as TIC baixo a supervisión das profesoras María Teresa Vilariño Picos e Dolores Vilavedra. Impartiu os seminarios “Historia do videoxogo” e “MMORPG: unha lectura intermedial” no módulo de ciberliteratura e cultura dixital do Master en Estudios teóricos y comparados de la Literatura y la Cultura-Master Mundus Crossways in European Humanities (U.S.C.) no ano 2010.

En setembro de 2010 presenta a comunicación “La ciudad mecánica en los juegos de rol. Una lectura marxista de Final Fantasy VII” no XVIII Simposio Internacional de la SELGYC celebrado na Universitat d’Alacant.

Traballou como corrector e asesor literario en Volta Editores.

Ten publicados varias narracións breves en diversos volumes colectivos e participou no libro Proxecto Identidade, que recollía diversos traballos artísticos e literarios de blogueiros galegos. Colabora coas revistas Dorna e A Búsola.