María Teresa Vilariño Picos

María Teresa Vilariño Picos (Ferrol, 1969) é Profesora Titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Área de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Santiago de Compostela dende 1993. Imparte, entre outros, cursos de Teoría e crítica literarias, Literatura comparada, Ciberliteratura e cultura dixital e Literatura e cinema en Licenciatura, grao e Master.

A liña de traballo que deriva do seu estudo da cibercultura concretouse nos últimos cinco anos en distintos cursos do programa de doutoramento, con Mención de Calidade da ANECA, en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, do Master en Estudos Teóricos e comparados da literatura e da cultura, así como do Master Mundus Crossways in Cultural Narratives, do que é coordinadora.

Na súa docencia colaborou con Susana Pajares Tosca (IT University of Copenhague), Laura Borràs Castanyer (Universidade de Barcelona), Domingo Sánchez-Mesa Martínez (Universidade de Granada), José Antonio Sánchez (Universidade de Castilla La Mancha), Rui Torres (Universidade Fernando Pessoa), José Luis Molinuevo (Universidade de Salamanca), Jaime Alejandro Rodríguez Ruiz (Universidad Javeriana de Colombia) ou Eduardo Kac (Universidade de Chicago). Foi profesora visitante nas universidades de Amsterdam (Holanda), Queen’s (Kingston, Ontario-Canadá), Kiel (Alemaña) ou Toulouse (Francia).

Doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC), é autora de numerosos traballos de Teoría e Crítica literarias, así como de Literatura Comparada. Interésase, tal e como se reflexa nas súas publicacións, polas relacións entre a Literatura e a Filosofía (a partir da súa tese de doutoramento e a publicación de La idea de la literatura. Fenomenología y Estilística literaria en el ámbito hispánico. Zaragoza: Tropelías, 2001) ou a literatura e o cinema (Literatura e cinema. Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2002.

A partir do ano 2003, a súa liña fundamental de investigación céntrase nas relacións entre a literatura e as novas tecnoloxías, a poética dos videoxogos e no sistema literario e a cultura dixital. Sen esquecer a súa participación en proxectos que se ocupan da Hermernéutica literaria, na maior parte das súas publicacións investiga o ámbito da ciberliteratura, sempre cun trasfondo teórico literario (Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid, Arco Libros/La Muralla, 2006). Os seus últimos traballos (Vid. Publicacións) abordan a importancia da cidade, a arquitectura o espazo e os mapas para a comprensión dos videoxogos e entornos virtuais, se ben, de todos os xéneros literarios, ocupouse, de maneira máis pormenorizada, da ciberpoesía.

Publicacións seleccionadas:

    Vilariño Picos, Mª Teresa (2001). “Verdad y perspectiva: una lectura orteguiana de la ciberliteratura”. En Hispanística XX. 19, Réel, Virtuel et Verité, Université de Bourgogne, pp. 361-371.

    Vilariño Picos, Mª Teresa (2006). “Redefiniendo la poesía experimental: la holopoesía de Eduardo Kac”. En Campus stellae: haciendo camino en la investigación literaria. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 105-114

    Vilariño Picos, Mª. Teresa (2004). “Literatura e novas tecnoloxías”. En Arturo Casas (coord.), Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais, pp. 615-650.

    Vilariño Picos, María Teresa e Anxo Abuín González (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros/La Muralla.

    Vilariño Picos, María Teresa (2007). “Espacios esquizofrénicos. Destrucción y creación en el arte contemporáneo”. en Espéculo.

    Vilariño Picos, Mª. Teresa (2008). “Fragmentación, espacio y ciberpoesía”. En Dolores Romero López y Amelia Sanz Cabrerizo (eds.). Literaturas del texto al hipermedia. Barcelona: Anthropos, pp. 228-242.

    Vilariño Picos, Mª. Teresa (2008). “De la poética del videojuego a los mundos habitados Muds”. En Virgilo Tortosa (ed.), Escrituras digitales. De la poética del texto al hipertexto. Alicante: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Alicante, pp. 361-385.

    Vilariño Picos, María Teresa (2009). “La cultura digital en los estudios literarios: ciber/textual/espacialidades poéticas”. En Amelia Sanz Cabrerizo (coord.). Teoría de la literatura con voz propia. Madrid: Arco Libros, pp. 235-261.

    Vilariño Picos, María Teresa (2011). “Espacio….., ciberespacio….. y….. ciberliteratura”. En Literatura e internet. Nuevos textos, nuevos lectores. Ed. Salvador Montesa. Actas do XX Congreso de Literatura Española Contemporánea celebrado na Universidade de Málaga os días 15, 16, 17, 18 e 19 de novembro de 2010. (Artigo en pdf)

    Vilariño Picos, María Teresa (2011). “La hermenéutica constructiva en/del ciberespacio. De William Gibson a Roman Ingarden”. En Ámbitos, Revista de estudios de Ciencias Sociales y Humanidades, 2011. 2ª época, nº 25. (pdf)

    Vilariño Picos, María Teresa (no prelo). “Los lectores de Super Mario Bros. Contextualización de las literaturas infantil y juvenil en el mundo ficcional de los videojuegos”. En Carmen Becerra Suárez (ed.). La Literatura infatil y juvenil. Peter Lang Editores.

    Vilariño Picos, María Teresa (no prelo). “Videojuegos en la ciudad: un lugar es simplemente un lugar. Mediascape es una experiencia”. En Cuadernos de Alzate.