Arquivos da etiqueta: concurso

Últimos días para concorrer ao iNTERFACES, concurso de arte interactiva no Porto

interfacesO 31 de marzo finaliza o prazo para presentar traballos a iNTERFACES, o concurso de arte interactiva convocado polo CITAR (Centro de Investigação em Ciência e Tecnologia das Artes) daUniversidade Católica Portuguesa, no seu centro rexional do Porto.

Tal e como explica o texto de presentación na súa web, a iniciativa nace “da necesidade de promover a creación artística dixital contemporánea e de dar a coñecer obras interactivas de artistas nacionais e internacionais”. Baixo tema aglutinador é o interface (sistema ou dispositivo a través do cal entidades non relacionadas poden interactuar), “son admitidos a concurso traballos artísticos nas máis diversas áreas: da instalación audiovisual interactiva á internet, da performance á arte electrónica, da realidade virtual ao cinema interactivo”.

As obras a concurso e as vencedoras mostraranse no 10º Festival Internacional Audiovisual Black&White da Escola das Artes da Universidade Católica Portuguesa. Tamén se porán a disposición do público de todo o mundo a través dun repositorio dixital.

Na web do concurso pódese descargar o regulamento e tamén a ficha de inscrición para participar.

Aberta a convocatoria do New Media Writing Prize 2012

Vén de convocarse a terceira edición do New Media Writing Prize, un certame que organiza a Universidade de Bournemouth (Reino Unido) para buscar e premiar o talento creativo que aproveita as posibilidades dos novos soportes.

Tal como explican na súa web, “Buscamos boas obras narrativas (de ficción ou non ficción) escritas especificamente para ler/ver nun PC ou Mac, na web ou nun dipositivo portátil coma un iPad ou teléfono móbil. Pode ser un relato, novela, documental ou poema que use palabras, imaxes, cinema ou animación coa interacción da audiencia. Busamos creatividade, así que traten de ser imaxinativos para crear unha historia atractiva, por exemplo cobinando unha serie de elementos multimedia, como palabras nunha pantalla combinados con imaxes e videoclips. A escrita para os novos medios pódese crear usando variadas ferramentas, como un procesador de texto, unha cámara DV, redes sociais como Twitter, teléfonos móbiles, un escaner… calquera cousa vale!”

E tamén aclaran o que non buscan: “Non buscamos un relato ou poeam que poidas subir a una web ou meter nun disco. Non estamos a buscar imaxes ou palabras publicadas no teu blog e non buscamos unha galería de fotos subidas a Flickr ou un vídeo subido a Youtube”. O xurado valorará o “uso innovador dos novos medios para crear un relato ou poema atractivo e satisfactorio”, a “facilidade de acceso para o lector/espectador”, o “uso efectivo dos elementos interactivos”, e sobre todo que sexan un exemplo de como os novos medios poden facer cousas que os medios tradicionais non poden, e o seu potencial de chegar a unha ampla audiencia, e non só a grupos de interese especializados.

O prazo para presentar obras remata o 5 de outubro e os premiados anunciaranse nunha cerimonia o 21 de novembre. As bases específicas do concurso publicaranse proximamente na web do New Media Writing Prize, onde tamén se explica como enviar as candidaturas. Ademais podemos acceder ás obras que foron finalistas o ano pasado, entre as que destaca a obra gañadora, Loss of Grasp, de Serge Bouchardon.