Arquivos da etiqueta: Cortázar

Santiago Ortiz homenaxea a Rayuela, o ‘libro-rede’, no seu 50 aniversario

rayuelaSempre se considerou Rayuela, de Julio Cortázar, como a primeira novela de lectura non lineal. Estes días celébrase o 50 aniversario da súa publicación orixinal, e o o artista colombiano Santiago Ortiz, coñecido polos seus traballos de visualización de datos e narrativa interactiva, propúxose homenaxeala creando unha interface de lectura na web.

Trátase dun dispotivo visual e interactivo que permite ler a novela das dúas formas posibles (cando menos) que formulou Cortázar no seu día:  de xeito convencional, nunha orde consecutiva de capítulos; ou saltando capítulos seguindo a ruta proposta polo autor. Tal como recorda Ortiz na súa web, Cortázar propuña na introdución os modos de lectura:

“A su manera este libro es muchos libros, pero sobre todo es dos libros.
El primero se deja leer en la forma corriente, y termina en el capítulo 56, al pie del cual hay tres vistosas estrellitas que equivalen a la palabra Fin. Por consiguiente, el lector prescindirá sin remordimientos de lo que sigue.
El segundo se deja leer empezando por el capítulo 73 y siguiendo luego en el orden que se indica al pie de cada capítulo. En caso de confusión u olvido, bastará consultar la lista siguiente: 73, 1, 2, 116, 3, 84, 4, 71, 5, 81, 74, 6, 7, 8, 93, 68, 9, 104, 10, 65, 11, 136, 12, 106, 13, 115, 14, 114, 117, 15, 120, 16, 137, 17, 97, 18, 153, 19, 90, 20, 126, 21, 79, 22, 62, 23, 124, 128, 24, 134, 25, 141, 60, 26, 109, 27, 28, 130, 151, 152, 143, 100, 76, 101, 144, 92, 103, 108, 64, 155, 123, 145, 122, 112, 154, 85, 150, 95, 146, 29, 107, 113, 30, 57, 70, 147, 31, 32, 132, 61, 33, 67, 83, 142, 34, 87, 105, 96, 94, 91, 82, 99, 35, 121, 36, 37, 98, 38, 39, 86, 78, 40, 59, 41, 148, 42, 75, 43, 125, 44, 102, 45, 80, 46, 47, 110, 48, 111, 49, 118, 50, 119, 51, 69, 52, 89, 53, 66, 149, 54, 129, 139, 133, 140, 138, 127, 56, 135, 63, 88, 72, 77, 131, 58, 131″

Obras literarias e produción transmedia: algunhas propostas

O profesor Carlos A. Scolari escribe no blog do proxecto Digitalismo unha interesante entrada contando os resultados dunha serie de obradoiros sobre comunicación transmedia celebrados en distintas universidades de España e Latinoamérica. Destacan as propostas que saíron deses talleres co exercicio de levar a unha formulación transmedia obras xa existentes, moitas deles procedentes da literatura clásica e contemporánea.

Por exemplo, propuxéronse posibles casos como unha estratexia transmedia para o relato de Edgar Allan Poe O corazón delator, que incluía distintas adaptacións (algunhas delas xa se fixeron) para o cine ou o cómic, pero tamén para outros soportes como os videoxogos ou as redes sociais, nas que se desenvolverían aspectos narrativos non incluídos no relato orixinal pero que si poden derivar del, como secuelas no futuro ou precuelas no pasado, nas que os usuarios terían un papel destacado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outro posible caso presentado foi o de Pantaleón y las visitadoras. Atención ao posible correlato publicitario que se presenta como ocasión para a expansión mesmo comercial da narración de Vargas Llosa: En este caso la expansión transmedia se abre al mundo de las marcas e incluye posibles acciones de co-branding con empresas que valorizan el sexo y la seducción (por ejemplo Axe). Si, como nos enseña la semiótica, las marcas se articulan alrededor de los relatos y crean mundos narrativos cargados de valores: ¿Por qué no recombinarlas con los relatos de ficción? Muchos proyectos transmedia de ficción incluyen acciones conjuntas con empresas que comparten los mismos valores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén relacionado coa literatura hispana está a proposta de relanzar a obra de Julio Cortázar no seu centenario, usando como punto de partida o relato Continuidad de los parques para cubrir unha ampla gama de medios e experiencias de comunicación, desde instalacións ata concursos de relatos breves, cómics ou obras de teatro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No post de Scolari pódense ver máis exemplos que nos mostran como polo menos sobre o papel as posibilidades parecen ilimitadas. Mais aínda está por desenvolver o poder real da estratexia transmedia, e sobre todo o seu valor nesta era da comunicación dixital.