Arquivos da etiqueta: e-poetry

Poétic@, a ambiciosa obra e-literaria de Fran Alonso

O escritor Fran Alonso (Vigo, 1963) publicou na primavera de 2015 a que ata agora é a obra de literatura electrónica máis ambiciosa das letras galegas. Baixo o título de “Poétic@” e en soporte web, o autor buscou con esta obra abordar «a poesía dixital e transmedia, explorando as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías na creación literaria a través dun discurso ácido e corrosivo sobre a propia poesía e os seus mitos e tópicos».

Seguir lendo Poétic@, a ambiciosa obra e-literaria de Fran Alonso

I ♥ E-Poetry, un novo espazo para a análise da poesía dixital

iloveepoetryNo pasado mes de decembro abríase o blog I ♥ E-Poetry, un espazo para  a reflexión informal sobre a poesía dixital creado polo portorricense Leonardo Flores, no que propón a revisión dunha obra de poesía electrónica cada día, e trata de aproximar o xénero a un público amplo tratando de achegar contexto poético, teórico e tecnolóxico a cada peza, axudándolle aos potenciais lectores a ler e entender mellor a obra. Este obxectivo de ampliar a audiencia da poesía dixital fóra do ámbito académico, aínda que tamén como un revulsivo desde dentro, materialízase non só no blog senón tamén en redes sociais como Facebook ou Twitter.
I ♥ E-Poetry ofrece unha metodoloxía moi interesante para o comentario e clasificación de obras de e-poesía, segundo a tipoloxía que Flores desenvolvera xa no seu traballo Typing the Dancing Signifier: Jim Andrews’ (Vis)Poetics.

Non hai acordo no vocabulario a utilizar para describir as características extralingüísticas dos textos nos medios dixitais, para alén das xa establecidas para textos impresos. Por ese motivo propoño unha tipoloxía de comportamentos que describen as posibles características textuais en medios electrónicos/programables. Son as seguintes:

  • Os textos estáticos son os que por defecto usamos nos medios impresos. Os que non se moven na pantalla.
  • Os textos cinéticos teñen palabras que se moven na pantalla: este movemento pode ser lineal ou espiral, aleatorio, programado ou de resposta a accións do lector.
  • Os textos receptivos (responsive) son os que aproveitan a interface do ordenador para permitir a intervención do lector, que virá fundamental mente do rato e do teclaro. Estes puntos de acción (enlaces, iconas e comandos do teclado) poden estar explícitos ou agochados, permitir a interacción voluntaria ou involuntaria, ou ter reaccións inmediatas ou pospostas sobre o input do lector.
  • Os textos mutables supoñen cambios programados ou aleatorios e poden tamén cambiarse pola interacción do lector.
  • Os textos programados poden irse revelando co tempo, que pode ser lineal ou en loop. Poden tamén forzar certa cantidad de lectura desaparecendo ou facendo scroll. Tamén poden desencadear eventos sobre un calendario programado ou aleatorio.
  • Os textos aurais teñen un compoñente sonoro, sexa verbal, musical ou un ruído.

Leonardo Flores ofrece esta tipoloxía como guía para o lector, pero non prescritiva nin tampouco completa. E convida os lectores do blog e a calquera persoa interesada a contribuír neste espazo enviando os seus propios comentarios e análises de obras, e utilizando as guías de envío, formato e revisión que expón no mesmo. Ata o de agora leva máis de 500 entradas, con case outras tantas análises de poemas dixitais.

Aberta a convocatoria para o festival E-Poetry 2013, que se celebará en Londres

Tras unha década celebrándose en Buffalo, West Virginia, Londre, Paris, and Barcelona, o festival/congreso E-Poetry 2013 prepara a súa vindeira edición na capital británica en xuño do ano que vén na Kingston University, co título New Works, New Frames.

Os organizadores desta edición, entre os que está a española María Mencía, describen o evento como “catro días de performances, exposicións, presentacións artísticas de declaracións poéticas, comunicacións académicas, charlas, artes de medios visuais e a celebración dunha poiese creativa, visionaria e imaxinativa no gume da espírito triunfante das artes na era dixital. O festival presenta a mellor e-poesías, artes dixitais, poética muitilinüe, danza, música e outras formas de linguaxe de vangarda, medios e práctica académica. Tamén se incluirá unha serie de eventos especiais pre-conferencia que se irán anunciando”.

En canto á participación, o festival terá unha parte académica e outra performativa dedicada á creación. A chamada para propostas, tanto de comunicacións como de traballos creativos está aberta ata o 1 de decembro. Copiamos aquí o texto da convocatoria:

Proposals for Scientific/Scholarly Papers (15 minutes) or Creative (Performances/Readings/Hybrid Talks of 15 or 30 minutes) should consist of a 250 word description of the aims, content, methodology (or artistic frame), and conclusion (or artistic goals) of your presentation. Of greatest interest are alternate paths of thinking, new works to ponder, open frames, direct impressions, a sense of what we see. Whether strictly scholarly rigor, poetic inspiration, or interwoven critical and artistic experimentation, we seek your views. Send your proposal, with the subject line “E-Poetry 2013 Proposal” to emerginglanguagepractices [at] gmail.com with a cc: to Laura Shackelford, E-POETRY [ 2013 ] Proposals Coordinator (lxsgla [at] rit.edu) by deadline. Early submission encouraged due to the highly competitive nature of this festival. Updated info available at E-POETRY 2013 (http://epc.buffalo.edu/e-poetry/2013).

DEADLINES: Proposals for Scientific/Scholarly Papers and Performances/Readings/Hybrid Talks will be due in December 1, 2012, with notifications of acceptance by January 15, 2013. Early registration deadline: March 1, 2013.

Máis información neste enlace (pdf).