Arquivos da etiqueta: ELMCIP

Vídeo-ensaio de Talan Memmott sobre o momento actual da literatura electrónica

A ELMCIP vén de presentar The Exquisite Corpus: Issues in Electronic Literature, un vídeo-ensaio documental no que Talan Memmott entrevista a 17 expertos e creadores de literatura electrónica, que reflexionan sobre o momento actual e o futuro desta disciplina.

As preguntas inclúen temas como “ten futuro a literatura electrónica?”, “é Google a fin do mundo?”, “que hai na intersección entre texto e a imaxe?”, “onde está o autor e que é un experto?”, “pode haber unha e-literatura nacional?”, “cal é a atracción das tecnoloxías que se poden tocar?” ou  “cal é o lugar das poéticas dixitais nas políticas globais?”.

Os entrevistados son Mark Amerika, Simon Biggs, Serge Bouchardon, J. R. Carpenter, John Cayley, Cris Cheek, Maria Engberg, Jerome Fletcher, Maria Mencia, Nick Montfort, Jörg Piringer, Jill Walker Rettberg, Scott Rettberg, Alexandra Saemmer, Roberto Simanowski, Christine Wilks e Jaka Železnikar.

O documental está dispoñible en Vimeo:

Remediando o social: vídeo do congreso da ELMCIP en Edimburgo

elmcip_conferenceO pasado mes de novembro a ELMCIP celebrou en Edimburgo o congreso Remediating the Social, que atraeu expertos de todo o mundo para compartir traballos académicos e sobre todo experiencias e casos de estudo en torno á creación colectiva nos novos medios. A través de conferencias, presentacións, exposicións e performance, o evento xuntou nomes como Nick Monfort, Ian Bogost, Scott Rettberg, Marc C. Marino, Eugenio Tisselli, Roderick Coover, J.R. Carpenter ou Donna Leishman en diferentes localizacións da capital escocesa. A ELMCIP recolleu e relatou o máis salientable do congreso neste vídeo documental de dez minutos:

A tradución de e-literatura abórdase esta semana nun congreso en París

O 12 de xuño comeza en París o primeiro congreso internacional sobre tradución de e-literatura, que acollen as universidades de Paris 8 Vincennes-Saint-Denis e Paris 7 Diderot Denis. O congreso organízao OTNI: Objets textuels non identifiés, un proxecto de investigación sobre a evolución da textualidade na era dixial, e está apoiado pola ELO (Electronic Literature Organization).

Tal e como explicaban na Call for Papers o pasado febreiro, “A e-literatura é un fenómeno empaticamente global. Os seus autores son de moitas nacionalidades diferentes. Ás veces escriben nun tipo de inglés global. A recepción da e-literatura así e todo alcanza aspectos que están lonxe de ser exclusivamente discursivos por natureza. Tamén implica criterios que son visuais (disposición na pantalla, gráficos, cor…), dinámicos (animacións na pantalla) ou cinéticos (as accións e os movementos dos lectores/xogadores). Estas dimensións extenden moito máis alá as competencias tradicionalmente requeridas aos lectores as obras literarias en papel. Moitas veces son altamente específicas culturalmente. Precisamos dunha nova semiótica, dunha nova retórica e dunha nova poética para face avanzar adecuadamente a análise destes aspectos da e-literatura. É imposible traducir obras de e-literatura sen prestarlles atención detallada. Así, a tradución non nos da simplemente materiais para a investigación en e-literatura. É unha actividade investigadora en si mesma, unha forma de práctica teórica.

No congreso participanAudrey Whitman e Kenneth Knoespel (Georgia Tech), coa ponencia “Syntax and Semiotics in the Space of Digital Games”, a española Susana Tosca (IT University, Copenhagen), que falará de “Fairytale Trans-migrations: the case of Little Red Riding Hood, Robert Coover (Brown), cunha ponencia sobre “Making/trans-lating literature in immersive 3D”; Leonardo Flores (U. of Puerto Rico) con “Porting E-Poetry: the case of First Screening”; Claudia Kozak (U. Of Buenos Aires) con “Translanguages. Towards a Politics of Electronic Poetry in Latin America”, Natali Fedorova & Nick Montfort (MIT), con “Carrying across Language and Code”; J.R. Carpenter (UC Falmouth), Translation, transmutation, transmédiation and transmission in TRANSMIISSION [A DIALOGUE].

O segundo día estarán Sylvie Protin (Université Lumière Lyon 2), “On Three Cognitive Displacements : a brief archeology of hypertext”; Jonathan Baillehache (Paris 8/Rutgers), The Digitization and Translation of Russian Avant-garde Poetry”; Giovanna Di Rosario (U. de Barcelona), “From French to Italian: what do we need to translate when we translate e-literature?”; Mauro Carassai (U. of Florida) & Renata Morresi, “Verbal Disengagement : Annie Abraham’s Separation/séparation as Language Game”; Ottar Ormstad (artista independente), “Non-Translation as Poetic Experience”, e John Cayley (Brown), “Ceux l'[image] encore / une image langue: Beginning with How it is when translating certain processes of electronic literature”. Haberá tamén un taller organizado por Patriza Tomaszek, da Universidade de Bergen, co título Post-Processing Translations of E-Lit Works and Scholarship”.

A terceira e última xornada contará coa presenza de Michael Joyce, : Michael Joyce, coa ponencia “L’après-midi d’un phoneme, or la faune of après-afternoon” e Mariusz Pisarski, que falará da obra deste mesmo autor en “From Storyspace to Browsers. Translating Afternoon, a story into Polish and xml”. Seguiralle un taller prácito que organiza OTNI para traducir Afternoon. A Story ao francés. Pecharán o congreso Loss Pequeño Grazier(SUNY Buffalo) con “Broméliacées [Lecture]. Translating Bromeliads as Transliterature” e Jerome Fletcher (UC Falmouth), con “Translating Codes – Performing Bilingualism”.

Máis información na web da ELMCIP.