Arquivos da etiqueta: exposición

Comeza en París o congreso e festival de literatura electrónica ‘Chercher le Texte’

Chercher le texteA capital francesa acolle esta semana o novo encontro da Electronic Literature Organization (ELO), que co título Chercher le Texte reunirá expertos e creadores de literautra dixital de todo o mundo en torno a un festival, unha exposición e un congreso.

O título do congreso é “Chercher le Texte: Locating the Text in Electronic Literature”, e parte da premisa de que a literatura electrónica é definida explicitamente como literatura, e aínda así hai unha gran confusión sobre o concepto de texto que opera nela. Por iso cabe preguntarse que define a textualidade de xogos, obras visuais ou obras con ningunha linguaxe evidente, e do que se trata é de “buscar o texto” para definir a literaridade da literatura electrónica.  Así o formulaban na chamada científica:

“Over the past two decades, while numerous creative and critical movements have taken hold within and without academia, creators have been newly conceiving, and scholars resituating, literary works in new media. Early warnings that we might all get “lost in hyperspace” were overcome fairly easily – perhaps too easily when one considers that our first, most challenging conceptions of electronic writing have never quite been realized. Is there a way to mark the multiplicity of new writing in new media? Can commonalities and distinctions among emerging literary practices be noted? Are there new possibilities for language-based forms in programmable media? Can scholarly discussions surrounding works be carried on over time and among various groups, in the media where the works are generated?

ELO 2013 seeks to open the discussion beyond the remediation of literary writing from print to screens, by looking at ways that literary works, and “literariness” generally, circulates through a world system that has itself altered dramatically in the years since the first works of e-lit were produced. New media, from this perspective, are just the most visible instance of emerging economic, social systems, remediations, and subjectivities that impact literary production (as they impact our lives) from every side. New media are now being described, and re-imagined, in terms of new materialisms; discourse networks find new and different alignments within and without institutions, and both human agency and authorial presence have taken on new and sometimes strange forms.”

Nesta parte académica participan expertos como Philippe Bootz, Douglas Duteil, Alexandra Saemmer, Agnieszka Przybyszewska, Elodie Bertrand ou Jean-Philippe Humblot, do ámbito francófono, canda outros como Nick Monfort, Manuel Portela ou Mark Marino. Pódense ver os títulos de todas as ponencias e autores no programa do congreso. Pola parte hispánica participarán Begoña Regueiro, Miriam Llamas e Amelia Sanz coa ponencia “New literatures for a new imaginary: some hispanic case studies”, Bryan Barrachina (“Bryan Barrachina, “Tierra de Extracción: How Hypermedia Novels could enhance Literary Assessment”) e Laura Borrás e Isaías Herrero à(“Real-Time Digital Poetry Experiments with Xbox Kinect”).

 

 

 

 

Exposición de Graham Gussin no CGAC

grahamgussinAta o 13 de outubro pódese ver no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, a exposición de Graham Gussin titulada Clearblueskydeepdarkwater. Nela o artista británico, segundo explica a presentación da mostra, “utiliza unha gran diversidade de medios —texto, debuxo, filme, son, escultura e instalación—para explorar a nosa percepción do tempo, do espazo e da escala. As súas obras adoitan manipular e apropiarse de imaxes e narracións literarias extraídas da historia da arte, da cultura popular e, sobre todo, do cine.”

“A súa capacidade de crear obras dunha densidade interpretativa singular consolídase a partir dun xogo continuo de referencias e relacións conceptuais, as cales remiten a un tránsito perceptivo que nos transporta a paisaxes mentais, onde o desasosego, a estrañeza e a melancolía poden emerxer nunha proximidade intrigante ou na máis inusitada distancia.”

 

Últimos días para concorrer ao iNTERFACES, concurso de arte interactiva no Porto

interfacesO 31 de marzo finaliza o prazo para presentar traballos a iNTERFACES, o concurso de arte interactiva convocado polo CITAR (Centro de Investigação em Ciência e Tecnologia das Artes) daUniversidade Católica Portuguesa, no seu centro rexional do Porto.

Tal e como explica o texto de presentación na súa web, a iniciativa nace “da necesidade de promover a creación artística dixital contemporánea e de dar a coñecer obras interactivas de artistas nacionais e internacionais”. Baixo tema aglutinador é o interface (sistema ou dispositivo a través do cal entidades non relacionadas poden interactuar), “son admitidos a concurso traballos artísticos nas máis diversas áreas: da instalación audiovisual interactiva á internet, da performance á arte electrónica, da realidade virtual ao cinema interactivo”.

As obras a concurso e as vencedoras mostraranse no 10º Festival Internacional Audiovisual Black&White da Escola das Artes da Universidade Católica Portuguesa. Tamén se porán a disposición do público de todo o mundo a través dun repositorio dixital.

Na web do concurso pódese descargar o regulamento e tamén a ficha de inscrición para participar.

Xelís de Toro inaugura en Santiago a exposición sobre ‘O libro das pontes invisibles’

Este xoves 13 de setembro presentouse na galería Metro de Santiago de Compostela O libro das pontes invisibles e a exposición que o acompaña, que forma parte dunha obra multidisciplinar formada por 30 textos de Xelís de Toro, trasladados ao inglés por John Rutherford, e unha colección de distintas obras de arte creadas por 14 artistas internacionales inspiradas nestes textos. O conxunto adquiriu forma de libro + DVD, editado por Pighog Press, e tamén dunha exposición que fixo este ano en Brighton, cidade inglesa na que vive o escritor, e que agora trae á súa cidade natal nun formato reducido.

Na web do proxecto, Xelís de Toro explica o proceso de O libro das pontes invisibles, que é tan importante como o resultado: unha vez que a colección de textos foi escrita e traducida pasóuselle a catorce artistas colaboradores, tanto do Reino Unido como de Galicia. Durante un período de tres meses cada un deles creou unha obra única na súa práctica respectiva, inspirada por un texto, por un fragmento ou por varios textos. Estas colaboracións preséntanse na última parte do libro e no DVD que o acompaña, e algunhas delas pódense ver na exposición da Galería Metro ata o 3 de outubro.

En concreto os artistas cuxa obra se pode ver nesta exposición son, ademais do propio Xelís de Toro, Ed Briggs, Chévere, Simon Wilkinson [circa69], Bruno Humberto, Yael Karavan, Fredrik Lloyd, Linda Remahl, Fran Pérez (Narf), Matt Rudkin, Dolores Sanchez Calvo, Jim Sanders, Jonathan Swain e Prue Waller.

Un bosque exquisito, novo experimento interactivo de Aaron Koblin e Chris Milk para Google e a Tate Modern

Un proxecto para a web que é ao mesmo tempo unha instalación para a Tate Moden é This Exquisite Forest, o último experimento artístico de Chris Milk e Aaron Koblin para Google Labs, despois de xa colaboraren xuntos en traballos como The Wilderness Downtown (o primeiro vídeo interactivo de Arcade Fire). Desta volta trátase de facer un cadáver exquisito, directamente inspirado no xogo literario que hai un século concebiran Paul Éluard e André Bretón, aberto a calquera persoa que queira colaborar neste relato colectivo composto de palabras, sons e debuxos.

Así, a interface que os artistas crearon para a visualización do relato é a metáfora dun bosque, formado por diversas árbores que representan cada unha unha historia, desde a semente ata as distintas ramas, que son posibles liñas narrativas, e as follas, que son a contribución de cada usuaario.

Ademais dos usuarios da rede están convidados a participar os visitantes á exposición na Tate Modern (onde estará ata finais de ano), así como algúns artistas emerxentes, que contribúen curando as historias.

Máis información neste vídeo explicativo e nesta reportaxe de Roberta Bosco e Stefano Caldana en El País.

O asturiano Pelayo Méndez, seleccionado para o ELO 2012 Media Art Show

Falta pouco máis dun mes para que se celebre en Morgantown (sede da West Virginia Univesity) a conferencia anual da Electronic Literature Organization (ELO), baixo o lema “Electrifying Literature, Affordances and Constraints”. Este ano o evento inclúe unha mostra de arte dixital na que moitos dos autores máis recoñecidos da e-lit compartirán espazo con novos creadores que foron seleccionados mediante convocatoria pública para amosar as súas pezas de literatura electrónica, net-art, vídeo, animacións, arte sonora, multimedia experimental, e locative media. Un deles é o asturiano Pelayo Méndez, que presentará a súa obra ACITEOP.

No texto que presenta ACITEOP, Méndez parte da función poética da linguaxe delimitada por Jakobson como “aquela rexida polos principios de selección e ordenación. Baixo esta visión o poeta sería o encargado de seleccionar e ordenar dunha determinada maneira as palabras para conseguir o efecto poético”.  Así, ACITEOP é “un programa que tenta agrupar distintas ferramentas experimentais de construción de narrativas poéticas -textuais e visuais- a partir da deconstrución da función poética da linguaxe a través de diferentes algoritmos. O resultado, sempre distinto en cada lectura ou interacción, é un texto deconstruído e ao mesmo tempo unha nova obra xerada por ese proceso de deconstrución. Esta primeira versión é un exemplo sinxelo do programa que crea unha narrativa baseada en texto, audio e imaxes que comeza coa deconstrución dun poema que Octavio Paz lle dedicou ao lingüísta ruso tras a súa morte e que titulou Entre lo que veo y digo”.

Pelayo Méndez naceu en Asturias en 1977 e licenciouse en Ciencias da Información na Universidade de Salamanca, con especialización en Recursos Multimedia. Tamén se gradou recenetemente en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Barcelona. Nesta cidade reside actualmente e e combina o ensino co seu traballo como programador multimedia en arte e o literatura. Ten publicado un bo número de poemas, artigos e relatos en varios formatos online e desenvolvido obras dixitais con artistas visuais. No 2011 comezou a producir as súas propias obras como artista, combinando o mundo da literatura e a escrita creativa coa arte visual usando código.

Retrospectiva e estado da arte na exhibición sobre e-Lit que organiza o MLA en Seattle

Nada máis comezar o 2012 Modern Language Association organiza a súa 127ª convención anual, na que este ano terá unha importante presenza a literatura electrónica. Será unha exhibición que acompañará a convención entre os días 5 e 8 de xaneiro, e na que se mostrarán máis de 160 traballos feitas por artistas que crean obras literarias que empregan os medios dixitais nas súas diferentes formas e combinacións, como o vídeo, a animación, o son, os mundos virtuais ou as instalacións multimedia, tanto para os escritorios dos ordenadores como para os teléfonos móbiles, ou mesmo a performance ao vivo.

En palabras da organización, estas obras foron coidadosamente seleccionadas polos curadores porque representan unha encrucillada entre as nativas dixitais, de países como Brasil, Canadá, Australia, Suecia, UK, USA e España, e subliñan a arte literarias producida dende os últimos 80s ata o presente. Así, a exposición pretende facilitarlles aos académicos das Humanidades a oportunidade de experimentar, de primeira man, esta forma emerxente de literatura, unha que dende a MLA ven como unha importante forma de expresión no que J.D. Bolter chama “a última etapa da imprenta”.

As comisarias da mostra son Dene Grigar, Lori Emerson e Kathi Inman Berens. Tal e como explican na súa declaración, na súa selección atópanse obras de poesía, ficción, non ficción, drama, diarios e ensaios que ofrecen un sofisticado uso da linguaxe, (como acontece nas obras de Stephanie Strickland The Ballad of Sand and Harry Soot ou Cruising de Ingrid Ankerson e Megan Sapnar), que tratan temas comúns á experiencia humana, como a morte dun ser amado (como no Afternoon: a story de Michael Joyce) ou o poder destrutivo da natureza (como en Blue Velvet de David Theo Goldberg e Stefka Hristova) e nos obrigan a pensar profundamente sobre comportamento humano (como no Suicide in an Airplane de Brian Kim Stefans ou “Shy Boy” de Thom Swiss). Igual que Henry Jenkins, nós tamén pensamos que os videoxogos teñen o potencial do literario e poden ser “unha forma de arte seria por propio dereito”. Nesta liña, as obras “A Slow Year” de Ian Bogost, “Ad Verbum” de Nick Montfort e “>>oh<<" de einer Strasser, Dan Waber, and Jennifer Hill-Kaucher, incluídas nesta exposición, demostran estra premisa.