Arquivos da etiqueta: Francia

Recepción de propostas para o congreso ‘The Digital Subject’ en París

lesujetdigital“Como é a escrita revisitada polos medios dixitais?  De que xeitos a mudanza dixital lles afecta ás tres dimensións da escritura: a produción dun artefacto, a construción de significado e a aparición do suxeito?”   O simposio The Digital Subject, que se celebrará a Universidade de París-8 do 18 ao 21 do próximo novembro, trata de investigar este novo eido de investigación desde varios puntos de vista, como a filosofía, as artes, a neurociencia e o arquivo, e chama á participación de investigadores nestes campos co envío de propostas antes do 15 de setembro.

O simposio forma parte dun proxecto de longa duración chamado The digital subjet / Le sujet digital que trata de reflexionar sobre as transformacións da subxectividade que xurdiron das tecnoloxías dixitales despois da posguerra, e que explora as maneiras nas que as ferramentas dixitais, de realidade ou ficción, que van de Babbage á internet, teñen alterado a nosa concepción do suxeito e das súas representacións, afectando ao seu status e aos seus atributos.

As linguas de traballo admitidas seán o francés e o inglés. As propostas poden ser enviadas en calquera destas dúas linguas e non deben exceder os 3000 caracteres. Cómpre adxuntar unha nota bio-bibliográfica resumida. Os abstracts débense mandar usando o formulario de  EasyChair. Para máis información hai un correo electrónico,  scriptions@univ-paris8.fr.  O 1 de outubro o comité científico informará das propostas admitidas.

O A conferencia inaugural será a cargo de Mark Amerika. Outros ponentes convidadeos son Jean-Luc Nancy, Bertrand Gervais (UQAM, Montréal), Wendy Chun (Brown University) e Laurent Cohen (Salpêtrière INSERM). O cadro de organización do congreso está formado por Pierre Cassou-Noguès (Department of philosophy, LLCP, SPHERE, EA 4008), Claire Larsonneur (Department of anglophone studies, Le Texte Étranger, EA1569) w Arnaud Regnauld (Department of anglophone studies, CRLC – Research Center on Literature and Cognition, EA1569).

O volume ‘E-Formes 2, Au risque du jeu’ aborda as relacións entre xogo e arte nas formas dixitais

O libro E-Formes 2, Au risque du jeu, coordinado por Monique Maza e Alexandra Saemmer, recolle os artigos e comunicacións presentados no congreso homónimo que se celebrou en Saint Etienne (Francia) en 2008.

A recollida destas actas reflicte o traballo multidisciplinar de investigadores e de artistas con moi diversas bagaxes, un campo cuxas producións dilúen as fronteiras entre artes e costumes que van alén dos paradigmas convencionais da análise e da crítica.

Aínda que moldeadas por programas informáticos, as “e-formas” actualízanse con palabras, imaxes e sons. Na fronteira entre obxectos artísticos posteados na Web e obxectos de comunicación deseñados para ela, reaprópianse das formas tradicionais, incorpónas ao seu propio medio e existen entre a programación e as prácticas interactivas.

Tanto se consideramos estas formas como lixeiras, brincadeiras e pouco transcendentes, e que operan baixo falsas pretensións, como recreadoras no seu sentido de parodia ou xenio poético, é importante recoñecer que estas e-formas son partes dunha paisaxe cultural que está aínda pouco clara e que os textos recollidos aquí teñen o mérito de explorar e empezar a clarificar.

O volume, que está todo escrito en francés, divídese en dúas seccións: 1) O xogo como espazo de resistencia, 2) Cando a arte se volve xogo. Nel participan ademais da propias editoras, Monique Maza e Alexandra Saemmer , distintos autores como Sébastien Genvo, Marida di Costa, Étienne Armand Amato e Fanny Georges, Estrella Rojas, Giovanna di Rosario, Ambroise Barras, Serge Bouchardon, Luc Dall’Armenllina, Laurent Pottier, Samuel Bianchini e Jean-Baptiste Labrune, Philippe Bootz, Marc Veyrat, Joël Gilles ou Mihai Christian Ile.