Arquivos da etiqueta: Galicia

O texto literario na era dixital. Xornadas formativas na Universidade da Coruña.

Expertos humanistas (escritores, profesores de literatura, profesores de didáctica, tradutores, etc.) participarán no curso “O texto literario na era dixital: creación, difusión e didáctica”, que se celebrará na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña os días 20 e 21 (de 16 a 21 h.) e 22 de outubro (de 10 a 14 h.) e que pretende analizar os cambios producidos nos últimos anos, coa irrupción das tecnoloxías da información, na forma de ler, escribir, ensinar, traducir ou interpretar os textos literarios.

Seguir lendo O texto literario na era dixital. Xornadas formativas na Universidade da Coruña.

Poétic@, a ambiciosa obra e-literaria de Fran Alonso

O escritor Fran Alonso (Vigo, 1963) publicou na primavera de 2015 a que ata agora é a obra de literatura electrónica máis ambiciosa das letras galegas. Baixo o título de “Poétic@” e en soporte web, o autor buscou con esta obra abordar «a poesía dixital e transmedia, explorando as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías na creación literaria a través dun discurso ácido e corrosivo sobre a propia poesía e os seus mitos e tópicos».

Seguir lendo Poétic@, a ambiciosa obra e-literaria de Fran Alonso

Xelís de Toro inaugura en Santiago a exposición sobre ‘O libro das pontes invisibles’

Este xoves 13 de setembro presentouse na galería Metro de Santiago de Compostela O libro das pontes invisibles e a exposición que o acompaña, que forma parte dunha obra multidisciplinar formada por 30 textos de Xelís de Toro, trasladados ao inglés por John Rutherford, e unha colección de distintas obras de arte creadas por 14 artistas internacionales inspiradas nestes textos. O conxunto adquiriu forma de libro + DVD, editado por Pighog Press, e tamén dunha exposición que fixo este ano en Brighton, cidade inglesa na que vive o escritor, e que agora trae á súa cidade natal nun formato reducido.

Na web do proxecto, Xelís de Toro explica o proceso de O libro das pontes invisibles, que é tan importante como o resultado: unha vez que a colección de textos foi escrita e traducida pasóuselle a catorce artistas colaboradores, tanto do Reino Unido como de Galicia. Durante un período de tres meses cada un deles creou unha obra única na súa práctica respectiva, inspirada por un texto, por un fragmento ou por varios textos. Estas colaboracións preséntanse na última parte do libro e no DVD que o acompaña, e algunhas delas pódense ver na exposición da Galería Metro ata o 3 de outubro.

En concreto os artistas cuxa obra se pode ver nesta exposición son, ademais do propio Xelís de Toro, Ed Briggs, Chévere, Simon Wilkinson [circa69], Bruno Humberto, Yael Karavan, Fredrik Lloyd, Linda Remahl, Fran Pérez (Narf), Matt Rudkin, Dolores Sanchez Calvo, Jim Sanders, Jonathan Swain e Prue Waller.

Balada triste de moqueta, un “folletín 2.0” de Camilo Franco

O escritor ourensán continúa a experimentar coa narrativa en internet, utilizando nesta ocasión a web pero sobre todo o Facebook para escribir unha novela por entregas condicionada pola actualidade e polos lectores.

A finais do século pasado Camilo Franco propúxose experimentar coa literatura na rede cun proxecto chamado Por conto alleo no portal Vieiros. Durante 50 días (e noites), os internautas que quixeron participar, enviaron dúas palabras que cada día a redacción de Vieiros seleccionaba e lle remitía ao autor, para que escribira (entre as sete da tarde e as 11 da mañá) un conto a partir delas.

No 2001 chegou Necesariamente X, tamén con Vieiros. Un experimento similar no que os internautas enviarían unha imaxe pornográfica que motivase o autor para escribir un relato ou un ‘pensamento’ non necesariamente erótico.

Dez anos máis tarde, Camilo Franco volve á carga usando desta volta as redes sociais, en concreto Facebook, co “folletín 2.0” Balada triste de moqueta. Faino publicando no espazo en Facebook do pub santiagués Casa das Crechas, de maneira que non só é o primeiro escritor galego que escribe para esta rede social, senón tamén o primeiro en facelo nun espazo patrocinado por unha casa comercial.

Seguir lendo Balada triste de moqueta, un “folletín 2.0” de Camilo Franco

Monográfico sobre Novas Textualidades do Boletín Galego de Literatura

Estamos ultimando a edición do próximo número do Boletín Galego de Literatura, para o que este ano fomos convidados a realizar un monográfico sobre Novas Textualidades.

O monográficio está coordinado por María Teresa Vilariño Picos, e incluirá artigos de Saúl Rivas, Iria Castro, Manuel del Río, Ana Cabaleiro, Samuel Solleiro, Tomás González Ahola, María Yáñez, Andrea Álvarez. David Muíño, Ícaro Vidal e Jara Calles entre outros.