Arquivos da etiqueta: Germán Sierra

‘Hybrid Spaces’: a teoría literaria hispánica reflexiona sobre as obras culturais que van máis alá do libro

O volume 9 da revista Hispanic Issues Online, do Departament of Spanish and Portuguese Studies da Universidade de Minnesotta, vén de publicarse na rede co título Hybrid Storyspaces: Redefining the Critical Enterprise in Twenty-First Century Hispanic Literature, editado por Christine Henseler e Debra A. Castillo. Canda el, as autoras habilitaron un espazo web no que continuar este traballo de reflexión, aberto a novas contribucións.

Tal e como apuntan no prólogo do volume, “o obxectivo de Hybrid Storyspaces é contribuír a repensar a teoría e práctica literaria hispánica e transnacional, tendo en conta a evolución das formas literarias do noso tempo. Examinamos as contrituvión á teoría e á práctica suxeridas por novos e híbridos espazos para contar historias, incluíndo os efectos na narrativa dos novos medios televisivos e cibernéticos (YouTube, blogs, Google maps, Yahoo Jukebox), novos xéneros (novelas videoclip, ficción zapping, docuficción, hipertexto), novos procesos (mashups, mapping, sampling, remixing) e novos foros críticos (blogs, páxinas web, vídeos, publicacións open-source).”

E engaden: “Mentres os artigos deste volume se centran sobre todo na importancia dos novos medios nos medios impresos, aínda que non exclusivamente, non pode seguir a sorprendernos que algunhas das máis excitantes e innovadoras obras culturais non se atoparán nunca nas páxinas dun libro; no canto diso, estárán dispoñibles para ver e descargar, en milleiros de sitios, a unha extensa e agradecida (se está altamente segmentada) audiencia potencial. Claramente “a internet” serve como taquigrafía dunha serie de tecnoloxías e formas artísticas que agora se fixeron populares en moitos círculos dos últimos vinte anos para acóo. Con todo, tales avances e formas foron relativamente pouco estudadas nos estudos literarios ou culturais do programas de Hispanismo, aínda que representan un fenómeno que, nas súas diferentes e ás veces problemáticas formas, atrae grandes debates non só asobre a forma cambiante da tecnoloxía, senón tamén sobre o acceso comparativo, a identidade e os proxectos culturais nacionais”.

A publicación está dividida en tres partes: Na primeira, titulada Creative Code-Switching contribúen Jorge Carrión (“The Bicephalous Writer: The Commingling of the Creative Writer and the Critic in a Single Body”, Germán Sierra (“PostDigitalism in Contemporary Spanish Fiction”), Edmundo Paz Soldán (“Cristina Rivera Garza’s Tweets”), Doménico Chiappe (“Enveloping Literature and Othes Challenges to the Multimedia Author”) e Rosina Conde (“Twenty Years of Internet Exploration”).

Na segunda parte, Technologies of Production and Consumption, escriben Agustín Fernández Mallo (“Topological Time in Proyecto Nocilla [Nocilla Project] and Postpoesía [Post-poetry] (and a brief comment on the Exonovel)”), Vicent Moreno (“Breaking the Code: “Generación Nocilla,” New Technologies, and the Marketing of Literature”), Virginia Newhall Rademacher (“The Art of Seduction: Truth or Fanfiction in the World of Lucia Etxebarria’s Online ‘Friends’ and the Blogosphere”), José Enrique Navarro (“You’ll Never Write Alone: Online Sharing Economy and the New Role of the Reader”) e Laura Borràs (“E-literature in Bytes and in Paper.The Digital Revolution inContemporary Literature from Spain”).

Na terceira e última parte, Remixing and Recycling Narrative Bits and Bytes, participan Andrew Brown (“An Archaeology of Digital Aesthetics: Musical Sampling in Rodrigo Fresán’s Señales captadas en el corazón de una fiesta“), Claire Taylor (“Post-Digital Remixes and Carnavalesque Relinkings: Eduardo Navas’s Goobalization”), Irene Depetris Chauvin (“Voice, Music and the Experience of the Neutral in Martín Rejtman’s Fictions”), Eduardo Ledesma (“Close Readings of the Historic and Digital Avant-Gardes: An Archeology of Hispanic Kinetic Poetry”) e Tori Holmes (“The Travelling Texts of Local Content: Following Content Creation, Communication and Dissemination via Internet Platforms in a Brazilian Favela”).

Como engadido, Luis Martín-Estudillo e Stephanie A. Mueller publican un ensaio titulado “Afterword: A Bookless Literature?”.