Arquivos da etiqueta: i-docs

Volve o congreso i-Docs sobre narrativas interactivas de non ficción

i-docs_CFPTras xuntar con grande éxito investigadores e creadores de todo o mundo nas súas edicións de 2011 e 2012, e despois dun pequeno parón este ano, volve en 2014 o congreso i-Docs na cidade de Bristol (Reino Unido).  O Digital Cultures Research Centre acolle este encontro, que se celebrará os días 20 e 21 de marzo do ano que vén.

A chamada á participación e envío de propostas está aberta ata o 15 de novembro. Os temas sobre os que esta edición de i-Docs quere poñer o foco son tres: modelos de produción, involucración do usuario e avaliación, novos territorios. Todo indica que o mundo dos documentais interactivos loita por abrir novos camiños e non estancarse nos formatos e producións que xa coñecemos, a maioría procedentes de Francia ou Canadá, e que máis que cuestións puramente narrativa este ano preocupan como producir documentais interactivos e tamén como medilos, como avaliar a resposta dos usuarios.

Reproducimos aquí as principais cuestións que se apuntan para o debate:

Production Models
»» When the subjects are the story: from “access media” to participatory design
»» The emergence of the Hackathon: storytelling as software
»» The art and ethics of crowd-funding: working with a financing community
»» Documentary meets user experience: translating languages, know-hows and methodologies
»» Broadcasting, digital publishing, community support: where is the money in i-docs?

Engagement and Evaluation
»» “Formerly known as the audience”: users, interactants, participants – what’s in a name?
»» User testing: what should be tested, when, how and by whom?
»» Reception studies and data science: what are the methodologies for researching i-docs?
»» “First select your twitter handle”: the role of the creator in the age of social networks
»» What does the audience for an i-doc want: who knows (and who cares)?

New Territories
»» i-docs beyond the screen: performativity and presence
»» “The Snowfall effect”: is scrolling navigation a paradigm shift?
»» Tactile, haptic, horizontal: the influence of the iPad on i-docs aesthetics
»» Between documentary, journalism and art: crossovers & blurring boundaries
»» NGO, activist, human rights i-docs: advocacy, capacity building, mobilisation
»» i-docs geographical spread: models beyond the Western world

 

 

Ferramentas para a escrita de relatos dixitais

GenarratorAta o de agora os escritores que se aventuraron co soporte dixital para a súa creación literaria tiñan que botar man dos seus coñecementos máis básicos ou máis avanzados de linguaxes coma o HTML, o Flash, o Java… Moitos dos que temos no noso catálogo atenden ao perfil de creadores con competencias importantes nestas disciplinas. Mais nos últimos anos veñen creándose novos programas e aplicacións web que permiten crear un discurso avanzado en canto ás posibilidades do medio sen ter que preocuparse pola programación, só polo contido e por sacarlle o máximo partido á linguaxe dixital dende o punto de vista narrativo.

Un dos últimos en aparecer é Genarrator, un proxecto da Bournemouth University para crear unha ferramenta gratuíta e accesible desde calquera ordenador, coa que os usuarios poden aprender a deseñar e editar de xeito doado narracións interactivas e publicalas, na propia web do programa. Permite editar texto e imaxes, vídeo, animación e son, e traballar de xeito hipertextual calquera destes elementos, así como xogar co tempo e o modo en que aparece cada elemento dentro da narrativa. Tan importante ou máis é o feito de que Genarrator facilita o proceso anterior á edición, o do deseño e arquitectura do texto interactivo, coa ferramenta do site-map, que é o esquema das distintas páxinas que forman o relato e como se relacionan entre elas.

A web de Genarrator vai almacenando os relatos que se crean con ela, e que se poden explorar. A maior pega desta ferramenta é que polo de agora só funciona en Flash, co cal as obras resultantes carecen de código fonte e quedarán axiña obsoletas nun entorno no que o HTML5 é o estándar da web aberta.

De feito, a aparición de HTML5 permitiu nos últimos anos a aparición de ferramentas abertas para que persoas sen coñecementos de programación poidan facer os seus propios relatos interactivos. A maioría delas están orientadas ao vídeo, algunhas de xeito máis concreto ao webdocumental. É o caso de Klynt, Zeega, Popcorn Maker, Storyplanet3WDOC, Conductrr, Galahad ou o pioneiro Korsakow.

En 2012 María Yáñez (do proxecto Le.es) e mais Eva Domínguez presentaron no II Simposio I-Docs en Bristol un panel comparando tres destas ferramentas: Popcorn Maker, 3WDOC e Klynt. Dende aquela as ferramentas avanzaron moito e, como dicimos, apareceron outras novas, mais este cadro dá unha boa idea do que poden e non poden facer softwares de edición coma os mencionados polos narradores dixitais que non saiban nin teñan tempo de aprender a programar: