Arquivos da etiqueta: interactividade

Interactive Storytelling Symposium 2013

interactivestorytellingA semana que vén dá comezo un dos máis importantes congresos de narrativa dixital do mundo, o Interactive Storytelling Symposium 2013, que ten como lema este ano Inventing the Future of Games. Celébrase no Computer History Museum en Mountain View, California, e nel participan os máis destacados investigadores e guionistas de videoxogos e outras creacións interactivas.

Tal e como explican no blog do simposio, “os xogos teñen o poder de transformar o xeito en que contamos historias. Porque son sistemas interactivos, os xogos poden contar historias a través do deseño de intelixencia artificial, ou a través de múltiples plataformas, ou de maneira procedural, abrindo novas tecnoloxías para que os autores poidan converter as súas historias en experiencias totalmente novas.

No simposio afondaremos nas distintas tecnoloxías e deseños de xogos que permitn novas formas de crear e transmitir narrativas. Para iso xuntamos as persoas que máis saben do mundo deste tema, tando desde a esfera académica como da industria dos videoxogos, os que están levando cada día os límites da narrativa interactiva un pouco máis alá. Entre eles, Warren Spector, Susan Bonds (cofundadora de 42 Entertainment, detrás de proxectos transmedia recoñecidos internacionalmente coma Why So Serious?, Year Zero ou The Human Preservation Project), Kevin Bruner, Stéphane Bura, Clint Hocking, Asa Kalama (Disney), Richard Rouse, Tawny Schlieski  (Intel Labs) ou Emily Short.Organiza o Center for Games and Playable Media da UC Santa Cruz.