Arquivos da etiqueta: Jorge dos Reis

Número 5 da Revista Cibertextualidades: ‘Electronic Publishing Models for Experimental Literature’

cibertextualidades_vol5A revista Cibertextualidades, editada pola Universidade Fernando Pessoa do Porto (Portugal) e dirixida polo profesor Rui Torres, vén de publicar o seu número 5, correspondente a 2013, baixo o título Electronic Publishing Models for Experimental Literature. O propio Rui Torres e mais Manuel Portela son os coordenadorse deste número, que afronta os problemas da representación, arquivo e publicación das formas literarias experimentais nos espazos dixitais. Inclúe comunicacións escritas en portugués, francés e inglés sobre procesos e métodos para a representacón, preservación e difusión das prácticas literarias intermediais e multimediais usando sistemas de arquivos dixitais.

No epígrafe “Visuality and Intermediality in Experimental Literature” atopamos un artigo de Jorge dos Reis titulado Critérios fundadores da poesia tipográfica e outro de Eduardo Paz Barroso co título Palavra e pintura em trocas de papéis. Concretismo, experimentalismo e artes plásticas em Portugal. No apartado sobre “Combination and Generativity in Cyberliterature” temos tres comunicacións: Vers une ontologie du domaine de la poésie numérique, de Philippe Bootz & Samuel Szoniecky, A Literatura Factorial [l!] de  Álvaro Seiça, e Barroquismos Digitais de Otávio Guimarães Tavares. O epígrafe máis extenso titúlase “Digital Archives and Electronic Publishing Models” e nel escriben Johanna Drucker (Modelando a funcionalidade: do códice ao livro electrónico), Philippe Bootz, Samuel Szoniecky e Abderrahim Bargaoui (Entité / identité. Un outil d’indexation des documents relatifs à la poésie numérique), Serge Bouchardon e Bruno Bachimont (Preservation of digital literature: from stored to reinvented memory), Isabel Pinto ((Un)Certain Editing) e Isabel Lourenço (Da Imaginação à concretização: representação e leitura em The William Blake Archive). No capítulo de Teses aparece o artigo Conhecimento científico em hipermídia: uma proposta de análise metodológica, de Érica Masiero Nering, e no apartado de proxectos Scott Rettberg presenta a ELMCIP Electronic Literature Knowledge Base.

A revista enteira está dispoñible para a súa descarga en pdf, a través desta páxina, onde tamén se poden ler os resumos de cada un dos artigos publicados.

Ao mesmo tempo, o sexto número de Cibertextualidades xa se está preparando e ten aberta a convocatoria para enviar artigos ata o día 31 de xullo de 2013. Os coordinadores son Rui Torres e Débora Santos e Silva, e o tema xeral é a Interacção de linguagens e convergência dos média nas poéticas contemporâneas.