Arquivos da etiqueta: José Romera Castillo

Congreso: Teatro e internet en la primera década del siglo XXI

O Centro de Investigación de Semiótica Literaria, Teatral y Nuevas Tecnologías (SELITEN@T) da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), coa colaboración prevista do Centro de Documentación Teatral (INAEM, Ministerio de Cultura) e do Instituto del Teatro de Madrid, convoca un Seminario Internacional sobre Teatro e Internet en la primera década del siglo XXI, que ten como obxectivo “estudar o producido sobre este tema monográfico, tanto en España (nas súas diferentes linguas), como en Iberoamérica e outros ámbitos internacionais, entre os anos 2000 e 2011”.

O seminario dividirase en dous apartados, con cadansúas seccións: 1) Textos. Con atención, por un lado ás dramaturxias masculinas, e por outro ás dramaturxias femininas) e 2) Espectáculos, atendendo á dirección, aos actores/actrices, ás compañías e a outros integrantes da representación teatral, á análise de espectáculos e á recepción dos mesmos.

A Facultade de Filoloxía do Edificio de Humanidades da UNED en Madrid (Senda del Rey, 7) será o escenario deste seminario que dirixe o profesor José Romera Castillo e que se celebrará entre o 25 e o 27 de xuño de 2012. A cota de inscrición é de 130 euros e o prazo para enviar comunicacións remata do 15 de maio. Máis información sobre como o seminario e como enviar ponencias na súa web.